Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A transición política aínda non chegou

martes, 23 de marzo de 2010
DESDE O PREGUNTOIRO: A TRANSICIÓN POLÍTICA AÍNDA NON CHEGOU

A pasada semana, aludindo a motivos de austeridade o PSOE e o PP co apoio do PNV e CIU, uniron as súas forzas na subcomisión parlamentaria para “sepultar” a reforma da Lei Electoral. Sinxelamente, sinto vergoña e indignación ante esta “patada “ á “democracia”. Sempre dixen que a transición política aínda está por vir, non sei cando chegará, desta maneira coido que xamais.

Mentres non se reforme esta Lei inxusta, que só beneficia aos dous grandes partidos maioritarios para non perder o protagonismo social, mediático e institucional dando a sensación que non cren na democracia e intentan manter o estado de excepción democrática neste país, importándolles un pemento a "demos-kratos" senón esta controlada por eles, porque as grandes burguesías dominantes neses dous partidos, sérvense das clases medias e proletarias para perpetuar o seu dominio e facernos ver que practican políticas progresistas. Logo os grandes xefes deses partidos maioritarios, crense lexitimados para dar leccións de democracia alén das nosas fronteiras. Están de coña mariñeira, non son capaces de ver a viga nos seus propios ollos.

Xamais cheguei a comprender que para un escano o PP ou o PSOE só lles falla falta 60.000 votos, e para acadar IU un escano ten que ter 900.000 votos. Ou sexa, ten que ser moi canalla e antidemocrática a Lei actual que, uns votos valan dez veces menos que outros. ¿É que o meu voto non é igual aos dos demais?.

Se queremos que esa transición democrática chegue algún día, temos que atopar o sistema máis xusto como é a circunscrición única e o reparto proporcional do voto, e nas eleccións municipais lista abertas. Disto no queren nin oír nin falar, “tabú”.

En fin, non fai falla ser doutorado en Ciencias Políticas para saber que este sistema actual de eleccións é inxusto, antidemocrático, despótico, antigo, interesado e decimonónico.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES