Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ive, división de opinións

viernes, 26 de marzo de 2010
No Congreso dos Deputados, houbo división de opinións sobre o Ive, división que non parece haber na opinión pública onde a práctica totalidade se pronuncia en contra dunha subida inoportuna, que chega no peor momento

É sabido que o Ive ten tipos moito máis elevados en nacións veciñas que forman parte da Unión Europea, pero os seus altos tipos son froito dunha economía moito máis potente, dun elevado poder adquisitivo, e mesmo dunha traxectoria contributiva da que carecemos.

Subir o Ive nun momento de euforia non suporía un esforzo excesivo para os consumidores nin para o conxunto da sociedade. Subilo en plena recesión é un exercizo político de salto no vacío que desexamos dea froitos positivos para a facenda pública sen que sufran moito máis as economías particulares.

A división de opinións no Congreso patentizouse nos 176 votos de apoio que formularon os deputados do PSOE e os nacionalistas vascos e canarios cos 170 enfrontados polo bloque encabezado polo Partido Popular, no que estaban -só a efectos de oposición ó proxecto- Bng e IU. A anécdota protagonizouna cunha abstención o deputado do PP, Martínez Pujalte, que debera ter sido un voto máis.

Nunha depauperada economía, todo vai subir un dous por cento -como mínimo- cando o verán comece, precisamente no momento en que máis do trece por cento das familias españolas confesan chegar con moitas dificultades a fin de mes; cando os parados pasan dos catro millóns, cando a crise sicolóxica segue señoreando a nosa actualidade e as nosas economías.

A división de opinións estivo marcada por seis votos. O impacto sobre a economía será alomenos dun dous por cento. O que vai supoñer para o consumo, pola acción directa sobre o noso poder adquisitivo, é unha incógnita que dolorosamente aprenderemos moi axiña a despexar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES