Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Politización da administración

jueves, 25 de marzo de 2010
A racionalidade aconsellaba e segue a aconsellar que a inmensa maioría dos cargos da administración estean servidos por funcionarios reservando para os políticos os altos cargos de decisión, os que marcan as directrices polas que camiñarán as iniciativas dos diversos departamentos.

Con arreglo a esta teoría xeralmente aceptada, na Administración da Xunta de Galicia serían políticos os Conselleiros e altos Secretarios, mentras que os Directores Xerais deberían ser os últimos escalóns funcionariais, como máis altos responsables de departamentos temáticos específicos.

Nunca se conseguiu esta funcionarización na Administración autonómica nin na Administración xeral, pero non deixa de ser un obxectivo lonxano para evitar que os cambios políticos deixen sen goberno unha determinada circunscrición cando rematan as tarefas de goberno duns determinados políticos en tanto entran en funcionamento pleno os que han de sustituilos.

Se esta teoría se consolidase, os cambios políticos afectarían exclusivamente ós Conselleiros, que atoparían nos seus departamentos ó tomar posesión a altos cargos administrativos, técnicos nas súas materias, que aplicarían estrictamente no seu traballo as directrices que os políticos dictaran. Naturalmente que na actualidade un funcionario pode ser director xeral, pero serao ademáis de pola súa posible especialización pola súa confesionalidade.

Non só non vai ser posible nun previsible horizonte a funcionarización das direccións xerais, senón que existe o perigo de que os mesmos subdirectores xerais poidan ser persoas non vinculadas coa Administración, se un proxecto da Consellería de Sanidade neste sentido vai para adiante.

Sería un grave precedente se a iniciativa se consolida, unha marcha atrás no avance racionalizador da Administración, e unha máis forte politización dunha Administración que precisa de maior tranquilidade e imparcialidade para exercer as súas funcións.

Nun tempo no que a política invade todo, non é bó que a Administración vaia collendo cada vez máis a cor do equipo gobernante. Non é bó para Administración -esta ou calquera outra- e polo tanto non e bó para Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES