Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espacioabalar

miércoles, 24 de marzo de 2010
Este é o nome dun portal de Internet que promove a Consellería de Educación e vai entrar en funcionamento o próximo curso, para conectar de xeito infalible ós pais de alumnos co respectivo centro e aplicar as novas tecnoloxías ó perfecto coñecemento do comportamento e rendemento dos alumnos nos seus estudos.

Nestes momentos, xa hai moitos colexios privados que ofrecen estes servizos ós pais de alumnos, pero desde o próximo curso todos os centros terán a través deste portal de internet información diaria de interese para as familias sobre a actividade dos membros máis novos no seu proceso educativo.

Os pais poderán saber día a día se os seus fillos acudiron ou non ó centro educativo, as incidencias na xornada, as notas obtidas, así como facer trámites “on line” como solicitudes de becas ou efectuar as matrículas. Pola súa parte, os alumnos poderán obter información de exames, modelos de probas, corrección de traballos, e mesmo ensino a distancia para os que precisen de atencións especiais. E para os docentes, haberá asimesmo ferramentas que lles axuden no seu traballo, axendas de actividades, e pautas que faciliten o proceso educativo.

É a perfecta aplicación das novas tecnoloxías ó vello problema da relación plena entre pais de alumnos e a comunidade educativa, de xeito que as notas que se remitían mensualmente, os avisos de faltas inxustificadas, e a información da marcha dun alumno nos seus estudios non precisará de máis esforzo que a consulta periódica a través da Rede para que os pais poidan participar de xeito directo e habitual nun proceso no que son insustituibles, e no que a conexión directa entre profesores e responsables dos rapaces é imprescindible.

Pode que este novo sistema proporcione unha maior tranquilidade no axitado mundo da educación, onde os mestres consideran que “a letra con sangue entra” pero a costa do profesor, e moitos pais consideran que o seu traballo remata coa consecución dun bo colexio para os seus fillos. Con estas novas ferramentas ninguén poderá abdicar da súa función e responsabilidade e ninguén poderá chamarse a engaño porque a información estará ó seu dispor -exclusivamente- con só utilizar a clave que se lle facilite. Soa a ciencia ficción tanto avance, pero estimamos que vai ser para ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania