Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plataforma alimentaria

martes, 23 de marzo de 2010
Que en Galicia se vaia constituir unha plataforma alimentaria é unha noticia excelente para o conxunto do país, aínda que logo haxa que estudiar ou discutir onde se vai a situar para saber que cidade ou territorio vai recibir o maior impulso coa súa acción e, conseguintemente, os maiores beneficios.

Parece lóxico que unha institución así, se non se acode ó socorrido centralismo que está facendo de Santiago e o resto das cidades o que pasaba en tempos con Madrid e as provincias, se sitúe na Galicia do leste, xa para contribuir ó seu necesario impulso, xa porque Lugo e Ourense son as provincias máis vencelladas ó campo e á produción alimentaria del derivada.

Sóubose pola crónica efectuada por un medio informativo ourensán que o Presidente na xuntanza que celebrou cos seus máis directos colaboradores ourensáns considerou que “era unha mala noticia” a fuga do centro alimentario de Ourense para Lugo, frase que non parece lóxica nun mandatario con obrigas iguais en todo o territorio, polo que cabe pensar que sexa unha frase para contento localista e que en Lugo pronunciaría outra ben distinta.

A Plataforma Agroalimentaria de Galicia ata agora estaba asociada a un centro ourensán, téndose decidido recentemente o seu traslado a Lugo sendo, ó parecer, decisión das empresas da Plataforma que decidiron este traslado.

De Ourense a Lugo, ou viceversa, non pode parecer mal un cambio se se fai en base a decisións técnicas, económicas ou viabilidade. E un centro deste tipo, nin calquera outra iniciativa, non debe ser motivo de controvesia ou enemizade senón acicate para seguir conseguindo cousas para calquera punto de Galicia se é que pretendemos que nestes tempos de modernidade se vaia afianzando o concepto de cidade única e tentando equilibrar territorios fomentando as súas potencialidades.

Lugo, a máis modesta na economía galega, forte no sector primario e polo tanto no da alimentación, merece esa Plataforma sen que Ourense o considere “casus belli”. Unha boa noticia para uns non ten porque ser noticia mala para o resto. E nestes casos é mellor non botar máis leña ó lume.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES