A Xoán Vila (Escultor)
Otero Canto, Xosé - lunes, 22 de marzo de 2010
Estase a celebrar nestes días dos idus de marzo unha exposición de escultura de Xoán Vila na estafeta de Correos da Rúa de San Pedro da nosa cidade, exposición que recomendo pola súa calidade e que eu tratei de recoller nestes versos.
A ESCULTURA DE XOÁN VILA
As forzas telúricas dos ancestros pregan,
falan polas bocas deuterotocias da madeira asexuada,
e arrastran conceptos no devagariño das cotelas.
Tarugos de castiros coma castelos fornecen as gubias apreixadas
en paixóns retorcidas chamando a berros arrebatados.
Esperpentos valleinclanescos nos espellos cóncavos de Xoán Vila
sofren iniquidades entre as vetas circundadas de segredos.
Pregues de paixóns estordegadas de dor e asombro
no espasmo dos días e no espanto terrorífico da sorpresa.
Perfís hieráticos expcíacos cheos de amargura e asombro,
de angustia e mágoa.
Laoconte e os seus fillos botados ao averno
dos pesares e do sufrimento.
Bocas abertas e ollos saltóns entre o espanto e o pranto.
Bifrontes enxendros na planicie das formas
que escoitan a expresión das pantasmas.
Parálise nas fazulas abovedadas dunha obra
chea de arte e de misterio.

Otero Canto, Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora