A fusión das caixas
X.X. - jueves, 26 de febrero de 2004
Un estudio da Xunta descarta a fusión das caixas galegas, según se ven de facer público.
Sin necesidade de entrar en materia, coincido plenamente co dictamen do estudio do goberno autónomo porque é mellor ter varias entidades de tamaño mediano que non unha macrocaixa cada vez máis despersonalizada e centralizada.
Que na actualidade haxa en Galicia unha caixa do norte (Caixa Galicia) e unha caixa do sur (Caixanova), seguro que é bo a efectos administrativos e de organización, pero Ourense notará que Vigo leva dianteira como Lugo nota que A Coruña goberna con máis seguridade.
Antes había Caixa de Aforros de A Coruña, Caixa Provincial de Lugo, Caixa de Aforros de Ourense, Caixa de Pontevedra e Caixa Vigo. Seguro que os clientes notaban máis variedade no trato, mesmo maior loita pola clientela, e máis preocupación polos temas de cada cidade.
A unión fai a forza. A forza de A Coruña e a forza de Vigo. O resto, todos máis floxos.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora