Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un destino dous países

jueves, 18 de marzo de 2010
Denantes de falar absolutamente de nada, debo pedirlles disculpas a todos aqueles que sexan portugueses e me leran esoutro día, ou, sen seren portugueses, coñezan esa fermosa lingua que eu entendo, pero que non sei falar.

Digo isto porque, na columna do sábado cometín dous erros lingüísticos que non son de recibo, cando fixen senllos entrecomiñados en portugués e que cariñosamente me corrixiu telefonicamente o benquerido amigo e colega no xornal, José Carlos Fernández Otero.

Agradezo, pois, as correccións do “cura” -que é como afectuosamente o coñecemos na redacción- e agradézoas dobremente porque me van servir de introducción para o asunto que quero abordar e que non é, senón, un contrapunto do que me ocupou o pasado sábado e que facía referencia á idea da líder da dereita portuguesa no sentido de pretender pecharlle as portas de Portugal á economía española.

E dígoo tamén porque esa mesma fin de semana tiven oportunidade de compartir intercambio de ideas sobre cómo debe ser encarado o futuro turístico das terras de Celanova e da Baixa Limia coas de Terras do Bouro, Amares, Ponte da Barca ou Arcos de Valdevez e na clausura do encontro, a secretaria xeral para o Turismo (á que vexo cada día máis asentada no seu labor profesional) apuntou un lema no que seica se van poñer a traballar a súa propia Secretaría e o departamento homónimo do norte de Portugal para tratar de procurar un turismo internacional que, se cadra, non é tan doado de capturar cunha oferta individualizada.

“Un destino, dous países” seica é como van saír ó mercado internacional, tendo en conta que poder coñecer dous países nunha soa viaxe constitúe un atractivo engadido que ata o de agora non ten sido explotado na súa axeitada dimensión potencial.

Dito doutro xeito, “dous países e un mesmo destino” é o reto co que imos ter que lidiar nas próximas décadas por moito que a tal Manuela Ferreira deveza por pechar as portas de Portugal.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES