Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os xuices non son noticia

viernes, 19 de marzo de 2010
Ou non deberan selo, que a súa alta función precisa de silencios e tranquilidades para poder resolver os asuntos sometidos á súa xurisdicción con estricta suxección ás Leis, sen interferencias.

Pero a política, que a todo toca e non sempre para ben, incide no mundo da Xustiza promovendo ou frenando, tentando controlar, influíndo, de xeito que non se sabe onde está o problema, se na politización da Xustiza ou na xudicialización da política, ou na maraña que se forma coa confusión de poderes.

O último gran conflicto visible parece estar en Garzón, que sendo xuiz estrela quixo ser político por un tempo en experiencia que en definitiva non resultou ben.

Tantas veces foi o cántaro á fonte que rematou por regañar producíndose unha fenda por onde está sendo duramente atacado polos enemigos naturais, aqueles que se forman no decurso da vida e do tempo, damnificados ou non por decisións sempre problemáticas.

Recibe Garzón agresións verbais por parte de persoas ós que non lles é grato -políticos ou non- e defensas igualmente fortes por parte supostamente interesada. Hai división de opinións en estamentos legais que deben coñecer á perfección o caso, de materia non opinable en clave amistosa ou desamistosa, senón en campo de honra onde só a Lei debe mandar.

Os xuices non poden andar na boca das xentes, aínda que se chamen Garzón e estean convertidos en referencias mediáticas. Mentras non aprendamos a deslindar poderes (¡ai aquela vella distinción entre Lexislativo, Executivo e Xudicial, onde os medios informativos eran o cuarto Poder!), non haberá paz nin liberdade. Mentras o Executivo saído dunhas eleccións oriente ó Lexislativo e interfira no Xudicial, e todos intentando captar a atención do presunto cuarto Poder nunha incrible feira das vanidades, non hai nada que facer.

Calquera vello do noso país recomendaría sentidiño, como remedio absoluto. Con sentidiño non se come, pero vívese -e déixase vivir- moito mellor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania