Victorino Pérez, cura
Editorial - jueves, 18 de marzo de 2010
Victorino Pérez Prieto é cura, teólogo e escritor. Figura no portal www.galegos.info, de www.galiciadigital.com, e na memoria de Opinión figuran varios artigos seus que proclaman a súa claridade de ideas e a fluidez para expresalas.
Victorino foi sempre un cura avanzado, rella abrindo camiños no mundo da cultura e da fe, non sempre acomodado ó que se ven supoñendo a ortodoxia no camiño que marcan as cabezas visibles da Igrexa galega.
Victorino hai catro anos casou, pero non deixou de ser crego. Un crego nunca deixa de selo, que o sacramento que recibe é irreversible, ata que a morte corte o vínculo vital e sacerdotal.
Existe a figura da secularización, que legaliza que un crego se case deixando de exercer o seu ministerio. Pero Victorino quixo pedir a "secularización" pois sabe que segue sendo cura, disposto a exercer onde llo pidan, e parécelle mesmo ofensiva a expresión canónica "reducción ó estado laical", tanto en relación cos curas como cos leigos. Por iso casou, pero exercendo de cura.
Resulta que segue a celebrar misas no ámbito privado dunha comunidade cristiá, polo que ten sido apercibido pola arquidiocese de Compostela e pola diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Bo problema o que se plantea, máis para as xerarquías da Igrexa que para o propio cura que pon en cuestión un tema largamente debatido o celibato sacerdotal- que á maioría dos católicos ten perfectamente sen cuidado, entendendo que un cura casado pode levar unha vida de perfección, de dedicación e de servizo coma sendo célibe.
Victorino foi rella abrindo camiños. O problema para a xerarquía é que agora estea abrindo un camiño que outros poidan seguir, que chegue a ser incontrolable.
Para o público para os fieis- entendemos que non é pedra de escándalo. Que é problemático, naturalmente que si. Nestes asuntos, o problema é ser o primeiro.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora