Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crear empresas

miércoles, 17 de marzo de 2010
A pequena e mediana empresa é a que proporciona postos de traballo e anima a economía. Por eso é importante que nazan novas empresas que orixinen postos de traballo directos e, coa súa actividade, outros postos de traballo complementarios ou indirectos que xeneran actividade e riqueza.

A crise fixo ralentizar a actividade na maioría dos sectores aínda que hai algúns especialmente damnificados. E, en xeral, todas as pemes se conforman con pechar exercizos sen empeorar datos dos anos anteriores agardando mellores tempos.
E nestes tres últimos anos teñen pechado en Galicia perto de 3.000 empresas que non conseguiron facer viable a súa existencia.

Sen embargo, seguen a crearse empresas neste país, se ben cada vez en menor número. Se en 2007 se crearon perto de 7.000 empresas, en 2008 algo máis de 5.000 e en 2009 case 4.000, algo segue vivo no tecido económico de Galicia cando florecen ilusións -cada empresa é unha ilusión colectiva- en moito maior número que as que desaparecen.

Desta crise, imos sair, aínda que non saibamos cando. Non conseguimos poñernos de acordo para indicar que a crise comezou, non somos capaces de evaluar axeitadamente a súa evolución, e ninguén ousa prognosticar cando rematará. Pero sairemos.
A creación de empresas é unha boa noticia aínda que o número fóra diminuindo.Veremos se os datos que 2010 vaia proporcionando son motivo de ledicia ou aínda hai que esperar por unha autodefinición da economía galega que só a través das cifras –e da ledicia que proporcionen- poderemos notar.

Hai outros moitos indicadores da marcha económica do país, ademais das íntimas percepcións de todos nós. Pero a creación de empresas é un bo indicador. Aínda que baixe como ten baixado. Virán mellores tempos que haberá que aproveitar; que se poderán aproveitar se hai empresas galegas, cantas máis mellor, espreitando o horizonte, dispostas a traballar e competir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES