Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia

miércoles, 25 de febrero de 2004
Adolfo Pérez Esquivel acaba de demostrar que o Premio Nobel da Paz dáselle a calquera, ou que non é garantía de nada.
Oeu repicar campás por este cabo do mundo e non se lle ocorreu outra cousa que –no seu presunto papel de pacificador mundial- mandar unha mensaxe de solidaridade ós tres militantes da Cig que lle teñen declarada a guerra ó estamento xudicial porque non lles gosta unha sentencia, que os condena pola súa conducta nunha xornada de folga.
Todos sabemos o que fai un piquete “informativo” nunha xornada de folga. O mínimo –e o primeiro desa xornada- e encher de algún producto determinadas pechaduras para que non se poidan abrir institucións, despachos ou comercios.
Se eres sindicalista tés – na práctica- patente de corso nunha xornada de folga. Eu non sei se esta sentencia é demasiado dura. Pero quen semente ventos –e esto vai por tódolos sindicatos- colleita tempestades. ¿Cómo pode dicir Pérez Esquivel –outrora posible negociador con ETA –que coa sentencia “se está cercenando o dereito ás liberdades civís contempladas pola lei e atenta contra a democracia e as liberdades públicas? Desde tan lonxe, non se ven as cousas (“Poeta desde lejos, no puede ser”).
¿Qué opinaría Pérez Esquivel do que pasou en Ferrol recentemente cando, no decurso dunha manifestación pola crise do sector naval, o primeiro tenente de alcalde –Juan Fernández- foi insultado e golpeado no seu despacho do Concello por algúns manifestantes?
¿Qué pensaría de que, días despois, un grupo de sindicalistas insultase ós políticos ferrolanos por decidir que a Xusticia investigue sobre o tema?
O que tiña que dicir un premio Nobel da Paz é “Non á violencia, veña de onde veña”. Pero, claro, eso non é noticia. Despois de Lugo, ¿animará ós de Ferrol?
A min dame a impresión de que non se quere respectar o xogo. E que se prefiere rompe-la baralla cando as cartas non nos veñen ó rego. E Pérez Esquivel, animando a facer trampas.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES