Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O aceite de Quiroga

lunes, 15 de marzo de 2010
De sempre, coidamos que o aceite tiña que vir do sur da península, onde a climatoloxía permite que as olivas se carguen de enerxía concentrada que, despois dun longo proceso, se transforma no aceite tradicionalmente máis apreciado.

Que exista aceite de oliva de procedencia galega, para moitos pode ser unha novidade. Non é así para os habitantes do sur da provincia de Lugo, terras con capitalidade en Quiroga, que saben que de toda a vida se produce naquela comarca un riquísimo aceite que cada ano mellora na consideración da xente.

E Quiroga deu en organizar a festa anual do aceite, da que xa se levan celebrado dez edicións, a última hai uns días, que centrou a festa na localidade de Bendilló, onde se conserva o último muíño artesanal de olivas dos que existiron na comarca.

A habitual produción de arredor de catro mil litros de aceite ó ano, tense triplicado e serán doce mil os litros que neste ano sallan ó mercado, froito da política seguida nos últimos anos de plantación de olivos na comarca, estimándose que arredor do setenta por cento dos existentes son novos polo que a produción pode seguir aumentando nos próximos anos.

A festa foi un éxito como todas as festas que se plantean para explotar produtos do país, xa que todos estamos sensibilizados en relación cos froitos do traballo das nosas xentes. Por eso son interesantes as festas e as políticas -municipais, autonómicas ou estatais- de promoción dos nosos produtos.

Que haxa aceite galego, é do maior interese. Que se produza en Quiroga, quere dicir que ten que ter un clima que non se axusta ós tópicos de choiva, frío e néboas que se nos atribúe. Que o concello fomente a súa produción, di moito a favor do concello.

O aceite de Quiroga chegará a merecer unha denominación de orixe, será motivo de orgullo para os galegos sensibles ós produtos do país, e será moi rendible para os que se dediquen á súa produción e comercialización. Tomen exemplo todos aqueles que busquen saber como podemos afincar xentes no rural e facer rendible o seu traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES