Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amor, música e poesía

viernes, 12 de marzo de 2010
A Biblioteca Pública de Foz ven de organizar, dende hai algúns anos, co gallo da festividade de San Valentín, patrono dos namorados, un concurso de poemas co fin, supoñemos, de estimular a creatividade poética, e nengún tema mellor que o do amor, pois como dixera Lope de Vega “el amor fue el inventor de los poemas”, O sentimento amoroso, patrimonio de tódolos humanos, xerou as mais brillantes páxinas da literatura universal, primeirísima fonte de inspiración de poetas e literatos, músicos e creadores das mais diversas artes; acicate de guerreiros, inspirador das mais sublimes accións e dos mais devastadores feitos. Precisamente o xénero poético distínguese doutros modos por transmitir sentimentos, emocións e pensamentos a través de diferentes recursos expresivos, imaxes e metáforas. A definición mais axeitada de poesía acaso sexa aquela que se corresponde co “arte de expresar a beleza e o sentimento estético por medio da palabra, en verso ou en prosa”; aínda que Bécquer expresouno de xeito tan romántico con aquela coñecida “ritma”: “Qué es poesía, dices / mientras clavas en mi pupila tu pupila azul. / ¿qué es poesía?. ¿Y tú me lo preguntas? poesía eres tú.”

Íntimamente ligada á poesía marcha a música. É tanto así que antigamente a poesía foi escrita para ser cantada, e unha característica da mesma é o ritmo e a musicalidade, por eso ámbalas dúas -música e poesía- van tan unidas, ó punto que ésta represéntase por unha lira, que é instrumento musical. A arte e, polo tanto a música, así como os sentimentos, están unidos de maneira inseparable co intelecto. Calquera representación artística ou humana é portadora de sentimentos, aínda sen que o propio individuo o pretendera ó realizala. Todos sabemos que o amor é o sentimento de maior pegada do ser humano.

O amor, a poesía e a música, non son só inspiración, senon tamén intelixencia, coñecemento e forza de vontade como, unha vez mais, poidemos apreciar o sábado pasado, día 6 de marzo, no acto organizado pola biblioteca pública de Foz para a entrega de premios do certame de San Valentín, a través da aleccionadora intervención do noso poeta de Nois, Paco Rivas, excelente rapsoda, e a brillante actuación de Escolma de Meus, que pon no ar a ledicia das súas vellas melodías, románticas e nostálxicas, para goce, sobre todo, dun público de case que esquecidas vivencias. Pero xa se sabe que para o amor non hai idades nen fronteiras…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES