Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portas a Portugal

jueves, 11 de marzo de 2010
Ata o de agora tiña feito o mesmo que fixo José Blanco coas eleccións americanas, é dicir, non me tiña entrometido nelas co fin de non incidir no seu resultado final.

Sen embargo, logo da provinciana -perdóeme a expresión- idiotez pronunciada pola candidata do PSD no transcurso dun debate televisado co actual presidente portugués, no sentido de non querer que as comunicacións por tren se conecten co resto da península porque -Ferreira Leite dixit- “Portugal non é unha provincia de España”, agora si que pido encarecidamente o voto para calquera que non sexa esta muller que pretende volver ós tempos daquel famoso adaxio que dicía: “Da Espanha, nem bom vento, nem bom casamento”.

Polo pouco que teño seguido a actualidade portuguesa nos últimos tempos, creo que para desgracia da Península Ibérica e para desgracia dos moitos iberistas que nos movemos nela, seica ten posibilidades de acceder ó goberno, xa que logo, o actual presidente de nome rimbombante anda procesionando a súa agonía por un vía crucis abaneante, semellante ó que percorre cada día o ínclito Rodríguez Zapatero.

De ser así, pregunto:

¿Será quen, unha soa muller, de poñerlle portas a Portugal para que ninguén pase?

¿Será capaz, unha soa muller -por moi María Pita, Agustina de Aragón ou Manuela Ferreira que se chame- de botarlle candados ó campo, ata o punto de frear a osmose económica que dende hai décadas se ten xerado entre dous países abocados á convivencia?

¿Teremos que pedirlle permiso novamente ós gardiñas, para poder cruzar a San Gregorio, ó Lindoso, a Caldas do Gerês, a Tourem, a Montalegre ou a Vilaverde da Raia?

¿Terán que pedirlle permiso, tamén, as cabras do Xurés para cruzaren da cara norte á cara sur dos picos de Fontefría?

Entón, “¿por qué no te callas?” señora Ferreira Leite, se sabe que de aquí a dúas ou tres xeracións –non máis- España e Portugal serán inexorablemente a “mesma coissa”.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES