Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sentido común e a solidariedade

martes, 09 de marzo de 2010
Desde o Preguntoiro: O sentido común e a solidariedade


A proposta da Concelleira de Sanidade para crear un novo centro de saúde (Ambulatorio) en Vilaxoán, está a fomentar unha división cidadán que non é nada bo para a convivencia do pobo.

Temos que votar man do sentido común sen partidismos e enfrontamentos que non chegan a ningures. Non se pode caer na trampa de escoitar cousas que a medio e longo prazo son irrealizables, case diría utópicas.

A realidade e outra, estamos case en campaña electoral das municipais e toca a falar de proxectos que non teñen viso de facerse. A partir de agora todo vale.Estamos a falar dun Ambulatorio, non dun centro de atención primaria como o que temos en Vilaxoán o único que existe no Concello de Vilagarcía. O ideal sería unha descentralización destes centros primarios nos núcleos de maior densidade demográfica do Concello, un Ambulatorio central equidistante na distancia das freguesías máis lonxe do centro do casco urbano. Nesta liña temos que comezar a falar de solidariedade cos demais núcleos de poboación que nin sequera teñen ese centro de atención primaria como ten Vilaxoán. Temos que darnos cun canto nos dentes por ter este centro e tratar por tódolos medios de que xamais nolo quiten. Non confundamos uns centros de atención primaria cun Ambulatorio.

Agora están a falar de facer un Ambulatorio na rúa Ramón Patiño ao carón da praia do Preguntorio. Xa está ben de tanto ladrillo e cemento na fachada marítima de Vilaxoán, ese terreo sempre se falou de facer un Centro Social (está feito) e unha zona verde con árbores, aparcadoiro e darlle unha forma máis real e sostible en consonancia co paseo e a praia. Porén, se ese proxecto do Ambulatorio en Vilaxoán o levan adiante, cousa que dubido por todo o que expoño nesta opinión, que o fagan noutros terreos máis axeitados sen rachar coa estética e o medio ambiente da zona ao pé do mar. ¿É que o señor presidente de Portos de Galicia non terá en conta o preservar as fachadas marítimas do noso entorno galego?. Que máis quixera que houbera, non un, senón tres Ambulatorios nas zonas máis densas de poboación incluíndo Vilaxoán, pero iso é unha utopía ante a que está a caer neste país de intento de privatizar a sanidade solapadamente.

Definitivamente o único que vexo neste “vira vira” político é que inténtase dilatar a construción no único lugar axeitado para o Ambulatorio, en base á solidariedade cos núcleos de poboación e a esa equidistante distancia entre freguesías do que falaba anteriormente como é a antiga Comandancia, onde existe xa un protocolo de cooperación desde o 11 de febreiro de 2009, asinado por María Rubio Vidal en representación do Servizo Galego de Saúde e Javier Gago en representación da Autoridade Portuaria, soamente fai falla que o Consello de Administración do Porto aprobe este protocolo.

Fai un ano deste acordo e a Consellería de Sanidade nada fixo neste sentido, tendo en conta que as instalacións e solar da Comandancia cunha amplitude dabondo, ao pé da Casa do Mar, parada de autobuses, aparcadoiros e parada de taxis, soamente era usar o sentido común para que a Concelleira retomara esta proposta fai tempo.

Teño que quitarme o sombreiro ante a señora Concelleira, pola súa intelixencia política, onde acadou agudizar máis os enfrontamentos e a insolidariedade dos cidadáns, pasarlle a “pelota” aos que gobernan o Concello, poñéndoos ante a opinión pública como feras que morden. Alimentar o debate sen sentido e seguir sen facer nada en Vilaxoán nin en Vilagarcía ata que cheguen as eleccións. No cabe ningunha dúbida que a estratexia política é de trigonometría e tecnoloxía punta. Chapeu, señora Concelleira.

Todo isto faime lembrar aquel refrán galego con moita sorna: “De boas intencións está o inferno cheo”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES