Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O crime da Granda

Fernández, Suso - martes, 09 de marzo de 2010
10 de agosto de 1950. San Lourenzo en Foz e feira na Espiñeira. Á volta désta o veciño de Marzán Hipólito Marful Moreda, “o Chorlo”, decátase de que uns burros pacen libremente en terreo da súa propiedade no monte focego de A Granda, na Corredoira.
Nas súas proximidades acampan unhas familias xitanas e a severa reprimenda do dono do terreo sobre os animais, que malla neles, da orixe a un brutal enfrentamento entre as persoas, con resultado de morte para O Chorlo. Os presuntos homicidas fuxen e son perseguidos por varios números da Garda Civil, ó mando do sarxento Irimia, monterrosino destinado no cuartel de Foz, procedendo á súa detención en San Tirso de Abres.

De resultas das dilixencias instruídas, quedan baixo a custodia do concello dous burros pertencentes ós encausados, que deben custodiar e alimentar os munícipes, en tanto o señor xuiz non dicte a resolución correspondente, dispoñendo do destino dos asnos. Feito que se produce o 13 de setembro de dito ano, poñendo a disposición do concello os dous burros para o destino que consideren mais oportuno, que en pleno celebrado pola Corporación o día 25 do mesmo mes, por unanimidade acordan proceder á súa venta, en pública subasta, que se realizará na Casa Consistorial o día 2 de outubro do mesmo ano. A subasta tería lugar polo sistema de “puja a la llana”, e o tipo base como valor de cada animal era de 100 pesetas.

O recaudado destinaríase a sufragar os gastos orixinados pola súa alimentación e o restante quedaría depositado na Caixa Municipal a resultas de calquera continxencia.
Realizouse a subasta o día sinalado e os asnos foron adxudicados a Xosé Ramón Val Pérez, en 105 pesetas e a Francisco Mariña Pérez en 110 pesetas, respectivamente. Coa anécdota histórica da subasta dos burros municipais, rematou o episodio que se iniciara coa morte tráxica de “O Chorlo”: as coplas vendéronse en feiras e mercados da bisbarra.
Hai 60 anos; por aquelas datas iste cronista estreaba a súa adolescencia.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES