Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Co paro ás voltas

jueves, 11 de marzo de 2010
Búsquese o problema na manifestación que corresponda, na máis aparente, sempre aparecerá o paro como elemento máis ostensible. Sempre o paro como problema nun momento de crise que irá desaparecendo -suponse que moi pouco a pouco- en canto o paro comece a baixar.

As solucións son unhas para o Partido Popular, as contrarias para o PSOE; unhas para os traballadores outra para os grandes empresarios, mentras os pequenos empresarios son máis asimilables ós mesmos traballadores aínda que poucos queiran recoñecelo.

En Galicia quérese e quixeramos ver o comezo da recuperación, luz ó final do tunel, no feito de que en febreiro se produciron no noso País 2.543 novos parados, o que ven supoñer o 1,1% de aumento sobre o mes anterior, en tanto que en España subíu un 2,3%. Pobre consolo o dos galegos porque subimos no paro a metade do que sube a media nacional.

En febreiro, Galicia rexistrou 45.289 novos contratos dos que arredor de corenta mil son temporais mentras que pouco máis de cinco mil son indefinidos. Pois nesa diferencia tamén podemos atopar un factor ou consecuencia da mesma crise, xa que cantos máis contratos indefinidos se produzan mellor será a nosa saúde económica colectiva.

Por eso soa tan rara esa solución que apuntou a CEOE, a imaxe doutros paises do noso contorno europeo, segundo a que se trataría de fomentar o emprego temporal ofrecendo ós mozos contratos de inserción para menores de trinta anos, contratos lixo que terían unha duración entre seis meses e un ano, non terían indemnización por despido, e o soldo non superaría o salario mínimo interprofesional.

Nada se volveu saber deste vergonzoso contrato, que en nada compromete á empresa, en tanto se obtén man de obra barata, sen ningunha responsabilidade polo empregador, que evidencia que moi mal ten que estar a situación laboral se se aceptan as leoninas condicións que neste contrato se ofrecen.

Sempre o paro é unha traxedia para os parados e para a sociedade que os acolle, máis se se ten en conta as idades nas que se produce, xa que se sabe que arredor dun corenta e cinco por cento dos parados galegos teñen pouca posibilidade de atopar emprego.

Eís o problema, que a todos nos afecta. En tanto o paro non emprenda unha caída irrefrenable hacia a súa desaparición, teremos conflictos sociais, drama colectivo que non leva trazas de mellorar. Aínda que suba máis lentamente que no resto de España.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania