Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Descontos, rebaixas e igualdade no comercio

miércoles, 10 de marzo de 2010
A calquera partidario do libre comercio podería parecerlle o máis natural do mundo que cada quen aplicase no seu comercio a política de descontos que lle parecese máis oportuno. E eso sería así se todos os participantes no sector tivesen a mesma forza, se todos os comerciantes partisen dos mesmos supostos e se visen sometidos ás mesmas presións, ós mesmos condicionamentos, á mesma situación económica. Pero non é así.

A inmensa maioría do comercio galego é pequeno comercio, pequenas iniciativas de subsistencia, coas que unha familia se mantén, pero que non permiten gran capacidade de manobra á hora de poder facer rebaixas ou descontos, operacións que teñen ó seu dispor sen o máis mínimo esforzo esas grandes superficies que nos últimos anos viñeron controlar a evolución do comercio en amplas zonas, e orixinaron a desaparición de milleiros de pequenos establecementos que non pudieron resistir a súa forza avasalladora e a sua implacable competencia.

A Xunta, coa súa normativa sobre comercio, de acordo coas Asociacións de comerciantes, procura ir construíndo un entramado legal que vaia facendo respectar os dereitos dos máis humildes, e a última batalla veu ser a prohibición de ofrecer saldos ou promocións antes do período oficial das rebaixas para aumentar vendas, en detrimento da xeneralidade do sector. As grandes superficies non poderán facer descontos eespeciais, promocións ou saldos en xaneiro ou en xullo, senón que a nova Lei de Comercio vai establecer a imposibilidade de efectuar descontos no precio dos produtos nos trinta días anteriores ó período da rebaixas. Non se poderán facer operacións de risco, que se entre iguais estaría ben, entre tan desiguais forzas serían totalmente desproporcionadas e competencia desleal.

Descontos e rebaixas, si, pero no seu momento. Respecto absoluto á legalidade vixente que moi axiña vai contemplar que ó non ser iguais as forzas, tampouco poden ser iguais as armas a utilizar. E xa que en Galicia hai ducias de grandes superficies con forzas descomunais, acomoden esas forzas para que todos poidamos vivir e deixar vivir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES