Ser xove en Galicia
X.X. - viernes, 20 de febrero de 2004
Aínda que posiblemente os rapaces novos non o estimen así, empeza a ser xeitoso ser xove mercador de vivenda de Galicia.
Eu lembro hai ben anos, eso sí- ter comprado o meu piso, sen axuda algunha, e cuns intereses dun 11,5%.
Agora, os intereses están en niveis inferiores ó 4% e as axudas cando de pisos acollidos se trata, chegan a ser de arredor de 6000, polo feito de ser rapaz e mercador da primeira vivenda; máis unha porcentaxe do 5 ó 11% sobre o valor de adquisición do piso, según ingresos; e posteriores subvencións de entre o 10 e o 20% nas amortizacións e intereses durante os cinco primeiros anos alomenos.
Por outra parte, anúncianse axudas de ata un 60% para aluguer de vivendas, unha fórmula por aquí minoritaria pero que no resto de Europa parece ter grande predicamento.
A Xunta estase mollando. Estas axudas, con cargo ós presupostos xerais da comunidade autónoma, permitirán que milleiros de rapaces acaden unha vivenda con maior comodidade.
Tamén para a administración resulta cómoda esta solución cando non se pode ou non se quere- meterlle man ós precios dos solares ou ós astronómicos precios das vivendas construídas.
Visto desde a distancia, ser xove é difícil. Aínda que un non crea eso de que a xuventude é como unha enfermidade que só coa idade se cura.
Pero se estas axudas poñen eso de ser xove un pouco máis atractivo, benvidas sexan por contribuir á vez que se dinamiza o mercado da vivenda- a que ese sinal de independencia- vivenda propia ou en aluguer- esté un pouco máis doado.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora