Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Patacas nosas

martes, 09 de marzo de 2010
Os nosos devanceiros mantiñan como verdade inmutable que “non se debía xogar coas cousas de comer”, así xenericamente, sen máis matices. Entenda cada quen o que queira desta máxima, que tanto pode significar a necesidade de non alterar os nosos costumes laborais como o puro respecto ós elementos gastronómicos da nosa cociña e da nosa tradición.

A aparición ou anuncio dunha pataca transxénica, veu poñer en pé de guerra –e non é nada extraño- ó sector pataqueiro galego a a moita xente que non concibe que se ande a xogar con algo tan serio.

As patacas nosas, desde que viñeron de aló do mar, tiveron en Galicia moi especial acollida, evitaron tanta fame, proporcionaron tan riquísimos elementos gastronómicos que desde hai séculos son imprescindibles na gastronomía e, polo tanto, na vida.

Pois a multinacional Basf en Galicia é posuidora dunha patente de pataca transxénica na que por mutación xenética se incrementa a glucosa e conseguen un produto de nome propio -Amflora- con máis almidón, que vai ser utilizada para alimento do gando e para a fabricación de papel, segundo ven de autorizar a Comisión Europea.

Ecoloxistas, cultivadores e consumidores farán escoitar a súa opinión e estanse preparando protestas sonoras que farán subir a temperatura dun sector que se sente preocupado polo que consideran un risco para o medio ambiente e para a saúde das persoas.

Galicia produce arredor de quince millóns de quilos ó ano da preciada pataca do país, de acreditada calidade, con nome propio e consumo garantido. Non parece, polo tanto, o mellor lugar para andar a experimentar con temas que gozan de rexeitamento xeral, concretado ata o de agora no millo transxénico, e que desde agora terá na pataca outro especial punto de referencia.

Dez anos levaba a multinacional agardando por unha autorización que agora se produce. Ben sabemos que dependemos de “Europa” para moitas decisións, pero algunha capacidade nos quedará para situar no seu lugar unha actividade sospeitosa, e moitas garantías van que establecerse para –no caso de seguir adiante o proceso anunciado- controlar que nunca unha pataca transxénica se vai desinar a consumo humano.

Nestes tempos de hoxe temos comprobado que poucas cousas hai inmutables, seriamente establecidas, pero en Galicia notamos que hai un especial interese en desestabilizar o noso modus vivendi, por arcaico ou por xenuino. O ataque á pataca galega é unha agresión moral da que tardaremos ben en reponernos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania