Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alertas e traxedias

lunes, 08 de marzo de 2010
Avanzamos tanto no coñecemento da climatoloxía que un día si e outro tamén estamos recibindo avisos de temporal ou de calquera dificultade que pode impedirnos o desenvolvemento da nosa actividade cotiá e, polo tanto, alterar a nosa existencia.

En canto ós avisos, como se suceden bastante a menudo, vai resultar que acabaremos por darlle menos importancia da debida por consideralos unha reiteración, e ó repetirse os avisos por calquera circunstancia adversa devaluamos inconscientemente a súa transcendencia e acabaremos por non facerlles casos.

Normalmente, o resultado destes avisos resulta ser un pequeniño temporal, choivas máis ou menos fortes, algunha árbore polo chan e cortes de luz que en conxunto nada teñen que ver con aqueles temporais de antano que por momentos parecían a fin do mundo.

Esto ven coincidir con catástrofes máis ou menos lonxanas, Haití ou Chile, choivas torrenciais en lugares non habituais, tormentas, nevaradas por Europa adiante, como se efectivamente o tempo estívese cambiando, e as accións totais do home sobre a natureza estivesen surtindo tráxico efecto.

A superinformación que se nos facilita sobre estes temas, necesaria case sempre pero ás veces aparentemente superflua por baleira, vainos mentalizando sobre a incidencia dos fenómenos meteorolóxicos na nova diaria existencia, mergúllanos nunha sorte de fatalismo diante da pequenez das nosas forzas, e vainos preparando para a dependencia absoluta dunha Administración que agardamos amañe todo, duns servizos de vixiancia ós que lles compete a nosa protección, e -para os crentes- da divina providencia á que nestes casos recoñecemos competencia plena e autoridade absoluta.

Recibimos demasiados avisos de mal tempo, temporal, que case sempre quedan en nada. Pero un só problema que se consiga que non apareza, unha soa vida salvada, ou a protección de bens de propiedade colectiva ou individual, xustifican calquera esforzo e deben facernos soportar estoicamente esta nova moda do susto previo que evita males maiores e lamentacións posteriores.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania