Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Decíamos ayer

viernes, 05 de marzo de 2010
Os clásicos da Radio lucense -Tuñas, Aizpitarte, Hortas...- entre os que destacaban dúas mulleres -Amalita e Tonina-, todos de Radio Lugo por pura razón de antigüidade, xa que a emisora cumpre agora 75 anos, tiñan moi claro o respecto que se merecen os ointes cando un está en posesion do micrófono e pode “largar” en cantidade e calidade, pensando que un innúmero de persoas están contrastando as súas experiencias vitais, o seu coñecemento da realidade, co que están a escoitar polos seus receptores.
       
Nese respecto incidía o primeiro Director de Radio Popular de Lugo, Benito Vázquez Regueira, cando a finais de 1967 comezou a patronear un grupo de rapaces, a maioría inexpertos, que se aportábamos frescura á Radio lucense tamén tiñamos os inconvintes dos poucos anos, e unha vida -Patxi Andión dixit- con todo o mar por diante e non como proclama na súa coñecida canción,  “Con toda la mar detrás”.
       
Aprendemos que as citas literarias ou históricas son preciosas para redondear un comentario, para reafirmarnos nunha determinada postura, e mesmo para demostrar que os nosos recursos estaban mellorando ó tempo que nos facíamos máis veteranos. E aprendemos tamén que, no caso de non saber nun momento determinado o autor dunha frase ou referencia, sempre se pode acudir a “Como dixo o clásico”, ou “Como afirmaba aquel gran escritor español”, e mesmo sendo francos: “Non lembramos agora quen foi o seu autor, pero si sabemos que o seu acerto foi grande.

Foi o venres, 26 de febreiro de 2010, na Televisión galega que xa cumpre un cuarto de século, dentro do programa máis veterano -“Luar”- que dirixe o incombustible Gaudioso, cando a presentadora de turno -relévanse cada mes- ofreceunos unha perla digna de figurar en calquera antoloxia, que eu recollo aquí para que non se me esqueza.

Remataba xa o programa e a presentadora temporal estaba nas despedidas. Ela, que tan boa lembranza nos deixou como histórica protagonista de “Sempre Xonxa”, ousou mencionar que como dicía aquel inesquecible alcalde madrileño que tantos militantes do Partido Socialista Popular fixo aflorar en Lugo-, Don Enrique Tierno Galván, era o autor da frase “Decíamos ayer”.

Home, vir a estas alturas da vida a privarlle a Frei Luis de León da frase coa que entrou na historia, despois de ter pasados dous anos preso por unha falsa denuncia, e limitarse a pronunciala diante dos seus alumnos para indicar que alí en definitiva non pasara nada, desacredita á actriz como presentadora, que evidencia hai que escribirllo todo mesmo os lugares onde ten que aproveitar para respirar.

Elixir cada mes unha presentadora diferente porque a súa cara e vestimenta fai xogo cos decorados pode resultar problemático. Para mostra, unha auténtica perla. E anunciou que volvería.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES