Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Regulación na recollida de Cogomelos

viernes, 05 de marzo de 2010
En España non hai unha normativa xeral que regule a recollida de cogomelos silvestres e tampouco que preserve esta riqueza natural, moitas veces ameazada, que sería necesaria, a verdade. Existen varias comunidades que si teñen Decretos a xeito de leis, outras que teñen recomendacións... en Galicia temos dende o 1 de marzo un comunicado da Xunta.

"A Consellería do Medio Rural non vai cobrar por recoller cogomelos nos montes, nin ten previsto establecer algún tipo de identificación ou carnet para os afeccionados á micoloxía que recollan estes fungos. Tampouco está prevista no borrador da nova Lei de Montes que prepara este Departamento referencia concreta algunha ao respecto". Non se trata de cobrar, si de preservar. Non estaría de máis regular o xeito de apañar cogomelos, a cantidade diaria, a zona... e establecer algún sistema de seguemento, non fai falla cobrar pero si controlar, preservar e evitar que estes habitantes das nosas fragas desaparezan, erradicar e sancionar as recollidas indiscriminadas, a falla de respecto ao medio... Os cogomelos son en casos un complemento económico para os agricultores e ben estudado e executado podería ser un apartado de peso económico no medio rural galego.

Di Medio Rural que "quere aclarar estes extremos sobre a base de que a inmensa maior parte dos montes galegos son de propiedade particular e, xa que logo, a Xunta no pode aplicar cobro ningún en terreos que son privados. A Consellería que dirixe Samuel Juárez quere insistir no feito de que os cogomelos dun determinado terreo forestal son propiedade do dono do monte. O seu carácter non pode equipararse ás pezas de caza ou pesca, que teñen a condición xurídica de res nulis, é dicir, non son, en puridade, propiedade de ningúen ata que son cobradas polos cazadores ou pescadores. Nese caso a Administración regula ambas actividades por razóns, basicamente, de sustentabilidade dos recursos. No que atinxe ás setas, estas son propiedade do dono do monte desde que xurden sobre o terreo, e polo tanto non ten sentido falar de cobrar ou aplicar unha regulación expresa." Eu convido a que lean a sentenza da Audiencia Provincial de Soria de 28 de setembro de 2001. Verán o seu erro: os xuices deixan claro que os cogomelos son froitos silvestres sen dono, como a caza ou a pesca, entre outras cuestións.

Continúan dicindo que "en todo caso, o borrador de Lei de Montes que prepara a Xunta terá en conta que os cogomelos son un recurso forestal de certa importancia en determinadas zonas de Galicia, e como tal merecerá a debida atención no texto legal, en relación co aproveitamento xeral do monte, pero sempre partindo desa condición de propiedade privada do mesmo." Existen comunidades con leis propias como Navarra (Decreto 59/1992), Comunidade Valenciana (Decreto 98/1995), Aragón (Decreto 166/1996) ou Castela León (Decreto 130/1999), para protexer e impedir que os cogomelos, como riqueza natural, desaparezan. Son un ben que hai que coidar, eu que levo toda a vida saíndo ao monte sei que aqueles que saen con sachos e angazos a recoller cogomelos para a venda e non coñecen moitas veces nin bos nin malos, acaban co medio. No souto onde hai ano tras ano Boletus edulis acaban por desaparecer con prácticas agresivas deste tipo que hai que evitar.

Por último, "a Consellería do Medio Rural advirte que a situación da propiedade do monte en Galicia é sensiblemente diferente a doutras comunidades autónomas de España, nas que o carácter público abarca áreas moito máis amplas do terreo forestal, fronte a un predominio case total (por riba do 90%) da propiedade privada, no caso de Galicia". Pois moi ben, ala!, a acabar cos cogomelos en Galicia, que máis dá se somos catro tolos os preocupados por isto...
Mínguez, Alejandro
Mínguez, Alejandro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES