Rosa dos Ventos
Cardalda, Theo - jueves, 04 de marzo de 2010
Desde o Preguntoiro: Rosa dos Ventos
Rosa Díez líder do partido UPD chamoulle gallego a Zapatero en el sentido más peyorativo. Rosa acadou o que quería; que falen dela ben ou mal.
No espectáculo político español cada vez máis marcado pola mediocridade, esta señora chegou ata o límite do esperpento. Rosa a virachaquetas (non existe peor político que un converso) que no seu día presentouse polo devandito partido para gobernar o estado, ten a cara lavada de insultar a nosa cultura e a nosa historia.
Rosa Díez é unha provocadora nata alimentándose descaradamente dos males que aqueixan a esta democracia, para o seu beneficio político e persoal usando a vil demagoxia.
Considéroa neste intre unha ignorante ante a cultura dos pobos, demostrou ser unha persoa de nula cultura intelectual e aprendiza de política. A comparo coa Rosa dos Ventos, por aquilo dos vendavais mareiros que trocan de cando en vez de rumbo e algúns deles convértense en furacáns e por onde pasan asemellan ao cabalo de Atila.
As flores sempre acompañan as situacións máis solemnes da nosa vida. Agardo que as vindeiras eleccións sexa o seu funeral político, neste caso lle mandarei como agasallo unha Rosa con espiñas, facendo honor ao seu nome.
Se hoxe estivera connosco D. Ramón del Valle-Inclán, non daría a vío de escribir sobre os esperpentos políticos que temos enquistados neste país dos despropósitos. 'Personaxes grotescos' que os cidadáns temos que aturar e sufrir.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora