Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poder adquisitivo

jueves, 04 de marzo de 2010
Parécenos que Galicia deu nos últimos anos un paso de xigante, incorporándose á España económica dun xeito decidido, e vendo o panorama desde este noroeste podemos ter a tentación de pensar que estamos plenamente integrados e en excelente lugar da España que traballa e merca.

Pero as duras estatísticas, coa frialdade dos números, empéñanse en colocarnos no lugar que, ó parecer, nos corresponde.

Véñense de facer públicos os resultados dun estudio sobre o Produto interior bruto das rexións da Comunidade Europea, e Galicia non queda moi ben parada en relación co contorno español.

Se se ten en conta que este poder de compra se sitúa na Comunidade en 100 puntos, vemos que España chega ós 105, superando modestamente o promedio pero superándoo, en tanto que Galicia dentro de España chega somente ó 88,8% do nivel europeo.

Asturias chega ó 96,9% e Cantabrica ó 92,9%, mentras que ocupan os primeiros postos Madrid, Navarra e o País Vasco.

Non vale lamentarse. As cifras están aí e cabe supoñer que reflicten unha realidad máis estructural que conxuntural, que se refire máis á nosa marcha que á crise existente, que fan falla políticas de impulsión para definitivamente colocar Galicia no mundo.

O Xacobeo pode ser un bo momento para notar o progreso, aínda que o momento económico non permita moitas alegrías. Pero tamén hai que pensar que o Xacobeo non remata con este ano, senón que é un unha grandísima operación -tamén económica- que non terá límites nen fin.

O do poder adquisitivo é só un dato. Pero se o elevamos, mellor que mellor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania