Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que te poidan traballar

miércoles, 03 de marzo de 2010
Como milleiros doutras referencias, o noso título responde a Rosalía de Castro: Este vaise e aquel vaise / e todos, todos se van./ Galic ia sen homes quedas / que te poidan traballar”.

Referíase a Cantora a un momento determinado onde a emigración, especialmente a ultramar, deixou Galicia sen brazos, na percura dunha ventura económica que moitas veces non chegaría nunca.

Pero o fenómeno repetiuse nos sesenta, nos setenta, e aínda agora do rural ás cidades, orixinando que en Galicia haxa xa 1.338 núcleos abandoados, aldeas fantasma sen ningún habitante que, como un miragre, na fin de semana rexistran algo de vida humana.

Galicia ten a metade dos núcleos habitados de España – 30.122-, sendo Lugo e a Coruña con arredor de vinte mil as provincias con poboación máis diseminada, tendo perto de catro mil aldeas e parroquias das que máis da metade non chegan a douscentos habitanes.

Con esta perspectiva, é dificilísimo por non dicir imposible facilitar todos os servizos que marca este tempo, dándose o tremendo paradoxo que as estradas, o teléfono, a luz eléctrica... non evitaron senón que mesmo pareceron acelerar a viaxe a ningunha parte emprendida polos habitantes do rural.

Resultado desta situación é o terreo inculto do rural galego, importando do exterior todo o que coidamos é máis barato ou máis dificultoso de producir. E aínda que os que viviron mellores tempos no noso campo estimen que se vai producir unha nova estimación do rural en detrimendo do urbano, moito nos tememos que a solución vaia para lonxe, se é que solución ten.

O Presidente da Deputación Provincial de Lugo, a provincia galega con poboación máis avellentada e con máis núcleos rurais abandoados, impulsa un “Pacto polo campo”, no que participen todas as administracións, e a agricultura e a gandeiría sexan factores determinantes para a resurrección do noso rural.

Desexámoslle sorte no seu empeño, que pode ser pedra angular dun proxecto amplo e colectivo para revolucionar unhas terras e unhas xentes sumidas no marasmo da desolación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES