Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Granxa de Castro

viernes, 26 de febrero de 2010
Noraboa ós xestores da Deputación de Lugo, que volven sobre as instalacións deste centro, aberto no 1942, e agora, desaproveitado, convertido unha parte, nun almacén de ferramenta e maquinaria anticuada. Hai que celebrar que este organismo queira ser unha ferramenta útil para o futuro da calidade de vida dunha poboación, que loita pola supervivencia. O proxecto entusiasma, máis cando están a implicar a cooperativas, sindicatos, etc... Este Centro de Recría, publico, de gando vacún, vai ser pioneiro en todo o estado, unha referencia para toda Galicia, nesta hora de crise no sector leiteiro. É unha necesidade perentoria para todo o país. Só hai 14 pequenos centros para 1000 xovencas, en Galicia, cando só nas explotacións de Lugo son 80.000 crías. Agora, moitos teñen gastos inxentes, ata levándoas a Zaragoza (1500€ cabeza). Na Granxa Gayoso-Castro van ter cabida 3000, que van pasar alí dous anos, entre os 25 días, ata pouco antes de parir. Un tempo que é fundamental na conformación da vaca, polo que hai que primar a hixiene, sanidade, alimentación... A iniciativa é vital para mellorar a calidade xenética da cabana gandeira. Ao ter unha natureza publica, mantida cos tributos de todos, compre unha administración transparente, na que a participación xestora e económica das e dos gandeiros sexa positiva para o sector. A transcendencia da decisión é máis afortunada, porque quere ser un modelo sostíbel, na utilización dos residuos agropecuarios, coma enerxía verde, para o consumo eléctrico do centro. No proxecto, contemplase que os puríns van producir 350.000 quilocalorías en 8 horas. Co tratamento das augas depuradas van limpar a maquinaria e os espazos. A Chaira, na primeira liña da produción leiteira, urxía unha avanzadilla deste calibre, para anovar o sector. A nova singradura ven arrequentar unha das funcións orixinarias da institución en Castro de Ribeiras de Lea, contribuír ao progreso e a eficacia do ensino, ofertando aprendizaxe especializada ao sector. Xa conta con ciclos no Instituto Xosé Trapero Pardo: xestión de recursos naturais, explotacións gandeiras intensivas... Un centro que leva anos empurrando por esta dimensión estratéxica da nosa comarca con moita enerxía e ciencia.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES