Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Produtos galegos

viernes, 26 de febrero de 2010
O de consumir produtos galegos, témolo bastante claro, especialmente no eido gastronómico, e os pementos de Padrón, os viños albariños, as tartas de Santiago ou as ostras de Arcade teñen gañado un posto no Olimpo do ben comer, e ninguén buscará referencias foráneas.

Que sobre os pementos haberá discrepancias entre os de Padrón e os de Mougán, en Guntín de Lugo; en viños, os Mencía da Ribeira Sacra plantarán cara a calquera outra denominación de orixe, e farán competencia ás tartas de Santiago os melindres de Melide, as tartas de Portomarín ou as bicas de Castro Caldelas, pero todos serán produtos galegos.

O problema é cando a sona dos nosos produtos traspasa fronteiras. Non é problema mentras se mantén no plano teórico, e toda España sabe que os produtos galegos son unha marabilla gastronómica e que ningún lugar como Galicia hai para comer ben e estar mellor.

Pero entón pode xurdir a competencia desleal -ou aleal, se é que existe o concepto- e alguén se dedica a fabricar ou xenerar produtos galegos, ou coma os galegos, e fai publicidade impropia ou que se presta a confusión.

De repente, en Australia aparece un viño albariño, véndense pementos de Padrón, e moi axiña haberá grelos galegos.

Sempre poderá haber subterfuxios para facer aparecer produtos, especialmente no exterior onde non cheguen os dereitos de marca ou rexistro da propiedade, que hai que facer por cada estado. Pero ben fará a Xunta en tomar cartas no asunto para evitar que o tema prolifere e xurdan competencias espúreas con produtos seudogalegos que perxudiquen a calquera dos nosos sectores produtivos.

A Consellería do Medio Rural está estudiando o tema e, ó parecer, pretende sacar axiña unha disposición que regule a existencia no mercado de produtos con nomes galegos, con referencias ó país, ou a calquera dos elementos protexidos coa denominación de orixe.

Ben está que se considere que temos os mellores produtos do mercado hispano, pero mal está que permitamos que veñan de fóra aproveitarse da sona do mellor que aquí temos. É o momento de loitar contra calquera agresión, prevendo legalmente toda continxencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES