Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Clonación

miércoles, 18 de febrero de 2004
Cando se fala de clonación, teño a impresión de que falamos de alquimia, de entelequia, de ciencia-ficción.
Cando se menciona “clonación”, desátanse os ventos das opinións e esgrímense argumentos médicos e morais con igual seguridade, quedándonos os espectadores a medio camiño entre a ignorancia e o saber.
A doctrina oficial téntase cando de falar de clonación se trata, o mesmo que a Igrexa e un sector importante de clase médica, que parecen terlle a proa posta por principio.
Pero seguro que ten que haber moi diferentes niveis de acción entre investigar para curar enfermidades e clonar para formar un exército de seres sen alma que respondan ás peores pesadillas de “un mundo feliz”.
Agora, asociacións galegas de enfermos de alzheimer, diabéticos e de loita contra o cancro queren que se investigue con células nai procedentes de embrións humanos por coidar que é un camiño de esperanza para curar estas gravísimas doenzas.
Polo menos, haberá que investigar e pescudar as posibilidades da clonación para –con sentidiño- conseguir resultados que beneficien a todos.
O inxenio humano, a investigación, os avances técnicos foron sempre por diante das lexislacións e da comprensión social. O camiño da clonación non ten porque se-la excepción da regla.
Investiguemos de xeito decidido. E logo que a política e a ciencia, postas de acordo, vaian regulando según proceda, para que – fuxindo dos perigos de todo exceso ou mal uso – a sociedade se beneficie deste previsible camiño de progreso.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES