Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abusos bancarios

miércoles, 24 de febrero de 2010
Neste país que ve como os monopolios desaparecen, aínda quedan situacións de privilexio. Aquí deixan de ter a exclusividade de funcionamento  a Telefónica no eido das comunicacións, Campsa nos combustibles e ata Fosforera Española no mundo dos mistos, pero hai cousas que non cambian.

Non é que os bancos sexan un monopolio, pero si un oligopolio. En teoría calquera pode fundar un banco poñendo sobre a mesa non se sabe cantos miles de millóns de euros e conseguindo a correspondente licencia. Pero unha vez situados no Olimpo da economía, Bancos e Caixas de Aforro aplican unha dictadura á que pouco lle importarán as políticas económicas para exercer de xeito absoluto o seu poder económico.

Adicae (Asociación de usuarios de bancos, caixas e Seguros) ven de presentar denuncia contra vintedúas entidades financieras por cláusulas abusivas nos cretos hipotecarios, impedindo que os seus clientes se beneficiasen de determinadas baixas do Euribor.

Polo que a Galicia respecta, están denunciadas Caixa Galicia, Caixa Nova, Banco Pastor, Banco de Galicia e Banco Galego. E outras entidades non galegas de orixe pero instaladas neste país.

Certamente, por agora, e mentras non haxa decisión xudicial, os feitos denunciados son presuntos, e así hai que entendelos. Pero aparte de estos, todo o que é cliente dunha entidade bancaria ou de aforro -a práctica totalidade dos galegos- sabe que a letra menuda segue a imperar, que as decisións das entidades non son discutibles nin dialogables, e últimamente téñense recrudecido para manter os niveis de resultados que as entidades precisan ou estiman precisar.

Nalgún momento, o goberno -o que corresponda, cando corresponda- terá que poñerse serio coas entidades bancarias e aplicar no seu funcionamento diario as normas de liberdade económica que xa rexen noutros varios sectores da sociedade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES