Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Centros de Saúde Carnavaleiros

miércoles, 24 de febrero de 2010
Case sempre no Entroido temos cousas innovadoras aparte das clásicas. As comparsas coas súas letras satíricas en relación cos problemas actuais. Carrozas, choqueiros, disfraces e por suposto o Enterro da Sardiña.

Se non fora por ese Entroido, estou seguro que todo o que se dixo a pasada semana sobre os centros de saúde por parte da Concelleira de Sanidade, Alcaldesa, Executiva do PSOE e Portavoz do PP co gallo da visita a Vilagarcía da devandita Concelleira, a cousa chegaría ata o mesmo surrealismo.

A Concelleira falou de tres propostas, unha delas é un segundo centro en Vilaxoán. A Alcaldesa saíu dicindo que un centro no entorno de Sobradelo no é máis que unha escusa para pechar o de Vilaxoán. A partir desta polémica, seguiu o “carnelevarium”, entre o PSOE e o PP.

Por veces a realidade supera a ficción, falan de peche en Vilaxoán, agora unha cousa nova que xamais escoitei, Sobradelo e estación de autobuses. Alucino.

Seguindo coa troulada carnavalesca, en Vilaxoán temos a Ramiro González Mariño presidente da AA.VVV que coas súas dotes de “plañidera” no Enterro da Sardiña, coido que resolverá ese hipotético “enterro” do centro sanitario, facendo honor ao deus Baco, ás saturnais, lupercais e bacanais percorrendo a vila co “carrus navalis” dedicado á deusa Isis que é a que manda. Por esta banda estou tranquilo, porén, Ramiro é un amigo, pero tamén lle digo que máis amigo meu é a verdade.

Pola parte que me toca, seguindo a festa, teño unha alternativa a todo este carnaval político, sería facer o Ambulatorio en Lobeira (co permiso do Alcalde de Vilanova) e remátase a festa do “carnem levare” ata o ano que ven.

Agardo que despois dos ataques por parte das comparsas políticas nestas xornadas lúdicas, recuperen o sentidiño común por unha boa andaina da sanidade no Concello de Vilagarcía, centrándose sempre no sitio idóneo para o Ambulatorio, sendo unha boa idea o recuperar o edificio da antiga Comandancia.

Dicía Sócrates fai máis de dous mil anos: “Eu só sei que non sei nada”. Eu tamén sigo sen saber.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES