Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha nova autovía

martes, 23 de febrero de 2010
Despois de tanto tempo, tantas peticións, tantos aplazamentos, por fin entra en servizo na súa totalidade a Autovía que de Ferrol chega a Vilalba, unindo a Terra Chá coas Mariñas, permitindo aforrar a metade do tempo que antes era necesario empregar.

Apréciase a grande vantaxe que supón unha autovía en relación cunha autopista, especialmente polo oneroso que resulta para os usuarios ter que aboar o canon establecido. Esta vía que agora entrou en vigor, de acceso libre, pon de relevo a excelencia do sistema fronte á construcción de autopistas de peaxe, que só é solución para o goberno de turno por evitarlle investimentos, que logo repercuten durante moitísimo tempo a todos os usuarios.

Pero ademáis esta vía vai resultar pedra angular do sistema de transporte por estrada, de comunicación entre as dúas comarcas mencionadas, uníndose no futuro a Costa lucense e coruñesa, e unha ampla zona no camiño hacia Santiago.

Porque esta nova autovía ven entroncar coa futura Autovía A-8, con tramos xa en funcionamento, conectará a Terra Chá coa Costa e con Asturias e será vencello coa A-6, e logo unirá coa vía que se vai construir pola costa lucense e coruñesa, continuación da gran vía que ven de Asturias e entroncará a rede viaria do norte con Europa. É unha peza que encaixa no rompecabezas da comunicación por estrada, no que ata agora houbo moita paciencia que aplicar, moito tempo que agardar, moitos sinsabores que tragar, e moitas esperanzas perdidas ó longo da espera.

Pintan favorables para a comunicación os tempos que chegan, e a rede que agora se está establecendo vai deparar no futuro moitos beneficios para toda a comarca.

É unha obra ben feita, que achega o porto exterior de Ferrol ó cerne do interior de Galicia, e é preludio dunha aínda maior incidencia en toda a cosa.
Vendo o resultado,  haberá que considerar que se non estivo ben o retraso experimentado pola tardanza da obra, si valeu a pena agardar un tempo máis do previsto para conseguir resultados tan espléndidos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES