Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Cocido de Lalín

martes, 17 de febrero de 2004
Calquera pode facer un bo cocido, pero a sona tena o de Lalín. En Taboada o caldo de osos, en Fonsagrada o butelo, en Arbo a Lamprea, en Arcade as ostras, no Carballiño o polbo...

O cocido pode degustarse en calquera lugar de Galicia neste tempo de pre-antroido, especialmente na montaña oriental. Pero Lalín sabe o que fai desde hai moito tempo, e acaparou o cocido con todo o dereito.

A súa festa do cocido traspasou fronteiras xeográficas e temporais e hoxe parece que desde sempre – e para sempre – o cocido señorea as mesas de Lalín, de xeito especial e absoluto.

Hai que descubrirse. O traballo ben feito merece premio. Lalín ten ben gañado se-la patria do cocido.

¡Por sempre sexa honrado “o cocido de Lalín”!
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES