Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O futuro do mundo: compromiso de todos

miércoles, 11 de febrero de 2004
Chamada á cordura e á responsabilidade dos homes e mulleres desta sociedade a piques de perder a sensibilidade que aínda latexa na conciencia colectiva da Humanidade. Por encima de crenzas e de culturas. Forte sacudida ós dirixentes dos países de Occidente. Chamada de Mans Unidas, na súa/nosa Campaña contra a Fame, complementada con outros lemas: "Fagamos do mundo a terra de todos", "globalicemos a solidariedade".

O soño dun mundo feliz, próspero e pacificado, dun lugar paradisíaco compartido por todos (en harmonía coa natureza), o espacio natural da fraternidade universal...., parece estar lonxe. ¿Sería moito soñar que ninguén quixera máis do que lle pertence e non se aproveitase dos demais?; ¿que ninguén ollase ó outro como inimigo e que o axudase a medrar?; ¿que non aumentasen os seguidores de Caín e da Confusión (Babel), faraóns, emperadores, explotadores, falsificadores, mentireiros,etc.e que prosperase a raza dos de Abel, Abrahám, Moisés, Cristo!?. ¿Non seremos quen de facer un mundo de irmáns?

O presente e o futuro están ameazados porque non se favorecen os accesos á igualdade de oportunidades do benestar, da xustiza e da paz para todos e por seguirmos atenazados polo abuso e a prepotencia dos poderosos. Por outra banda os individualismos, apatías e medos enmudecen as masas do mundo empobrecido. Tentan de matarnos a esperanza. O Sr. Bush, despois das barbaridades e mentiras das últimas guerras ilegais, aumenta o 7% dos investimentos en gastos militares e rebáixaos na sanidade e servicios sociais, e, claro, tamén nas axudas ó Terceiro Mundo. Os seus acólitos igual. Estamos a velo. Non lles importa que o 80% dos habitantes do mundo pasen fame e que a riqueza estea na man do 20% rico que coincide (¡casualidade!) cos mesmos que levan as ganancias desas guerras (negocio armas, petróleo, aceiro, escapismo á Lúa e Marte). A Banca tivo un 20% de ganancia. A inxustiza e a mentira están xa institucionalizadas nos novos amos do mundo. O peor é que seguen cegos e sen amosar nin un chisco de arrepentimento.

Desde a sinxeleza, coa fe en Deus e nas persoas, temos que unirnos ás institucións cunha actitude de vida e a forza da voz que denuncia a inxustiza. Velaí pistas: mercado globalizado, pero en beneficio de todos; que circule o capital, pero tamén os productos, sen proteccionismos que exclúen ós pobres; liberdade de comercio, pero xusto; abrir portas á inmigración, pero axudando a desenvolver ós países pobres para que non teñan que emigrar; globalizar a economía, pero tamén a solidariedade; que circule ben a información, pero a verdadeira; que se paguen as débedas, pero todas, tamén as vellas.

¡Todos somos responsables de todos!. Fai falla o compromiso. Persoal e comunitario.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania