Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O aforro en tempos de crise

miércoles, 17 de febrero de 2010
Nestes tempos económicamente críticos, loxicamente hai moita xente que aforra para cando cheguen tempos que para eles sexan problemáticos. Porque a crise non afecta a todos por igual, e hai moitos galegos que non ven minorados os seus ingresos, que seguen a traballar nas mesmas condicións, ou mesmo que pertencen a sectores en alza nos que non existe polo de agora ningún problema.

Eses galegos aforran, gastan menos, e así se están disparando os importes que caixas e bancos custodian, sen que existan datos dos millóns de euros que se gardán baixo os colchóns, definición metafórica do feito de gardar nos domicilios diñeiro –negro ou non- que non asoma ós fluxos económicos ata que o aforrador decide facer un investimento importante.

Tradicionalmente, os aforradores que non queren ser controlados polos poderes públicos invisten en ouro, en pedras preciosas, en selos ou en arte, sabendo que estes valores poden oscilar pero nunca baixar de prezo.

De feito o ouro, que tradicionalmente se consideraba ter unha cotización de dous millóns de pesetas o kilo, está nestes momentos en arredor de 2.700 € os cen gramos, co que os dous millóns de non hai moitos anos estarían na actualidade en catro e medio como mínimo.

Magoa que todo este aforro non teña como destino o investimento e a produción de riqueza a través do creto ós emprendedores, pero precisamente a maior característica destes aforros que a crise potencia é a da súa inmobilidade, agardando por un rendemento mínimo sen arriscarse na empresa ou na bolsa.

O aforro en tempo de crise é un aforro vergonzante, egoísta, tranquilizador. O aforrante ten perfecto dereito a elixir este sistema, pero o aforro ten un componente social que, nestes casos, queda desnaturalizado. O aforro habitualmente utilízase para crear riqueza na sociedade. Neste caso, nun onanismo económico perfectamente entendible, non é así, e é unha magoa social.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES