Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Sanidade Pública

lunes, 15 de febrero de 2010
DESDE O PREGUNTOIRO: A SANIDADE PÚBLICA

Levamos unha morea de anos cunhas políticas de privatización de centros e estamentos públicos que ata da vertixe, os que aínda quedan están chegando a un deterioro que asusta. Estou a falar de tres alicerces sociais como son: educación, sanidade e servizos sociais, tres puntais básicos dun país que foron conquistados polos nosos antepasados con moitos sacrificios.

Polo que me contan, polo que leo nos xornais e polo que vexo o problema da sanidade anda polo chan, resultado dunha política efectiva de: canto máis peor mellor. Aínda fai uns días saíu unha nova neste mesmo xornal dunhas queixas dabondo graves duns pacientes no Hospital do Salnés.

O problema non está exclusivamente médico paciente (que iso é importante), o problema atópase en algo moito máis grave que ven desde o alto da pirámide sanitaria. Ou sexa, politicamente intentan a privatización solapada da sanidade; cousa que a maioría da xente de a pé como eu non nos imos decatar cando isto chegue a plasmarse en realidade. Despois será tarde e teremos que darnos cun con na cabeza por non tratar de evitalo.

O que me preocupa de toda esta estratexia é que en Galicia sexa outro campo de experimentación da privatización pública sanitaria como Madrid e Valencia, onde o deterioro e o caos é norma, con casos desesperantes de pacientes que chega ata o surrealismo. O funcionamento deste laboratorio experimental comeza coa construción e xestión dos hospitais por parte privada, sendo público o persoal sanitario. É unha forma clandestina de ir privatizando a sanidade. A cousa a están levando ao calado e con perversidade; porén, a OMS (Organización Mundial de la Salud) puxo o grito no ceo e alertou con un informe moi negativo ante estas políticas das devanditas Comunidades.

Estamos ante unha encrucillada de nefastas consecuencias, teremos unha baixa calidade de asistencia, vai encarecer as prestacións e enriquecer aos concesionarios á costa dos diñeiro público.

Está en xogo un dos servizos sociais públicos fundamentais deste país. Coido que xa vai sendo hora de ir informándonos, actuar cada un en consecuencia para defender unha conquista social imprescindible.

¿Quén está detrás da privatización dos servizos sanitarios?. Coido que é dabondo doado de sabelo, non fai falla ser moi intelixente para dar con algunhas sociedades, fundacións, seguros, laboratorios farmacéuticos, consorcios, etc... Só lles falla privatizar o ar para respirar. Todo andaremos.

Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES