Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fronte anticrise

lunes, 15 de febrero de 2010

Por primeira vez nos case trinta e cinco de reinado, a S.M. El Rei ven de recibir ós líderes dos sindicatos hispanos para falar da crise e, aínda que non se explicou abondo, actúa para impulsar unha xuntanza de todas as forzas para lograr unha gran fronte ou pacto anticrise.

En épocas de graves problemas, os pobos adoitan xuntarse por riba de calquera división, mesmo das ideoloxías, para conseguir un resultado común que a todos afecte e a todos beneficie. E moitas voces hai que levan proclamando que en España é o momento de que se superen as diferencias para conseguir superar o maior problema con que os gobernantes se teñen enfrontado nos últimos anos.

A tardanza do Goberno por aceptar a fondura dos problemas económicos, as diferencias aparentemente insalvables co principal partido da oposición, a natural presión dos sindicatos na defensa dos dereitos dos traballadores, e a postura da Confederación de Empresarios que veñen de solicitar baixar os 45 días por ano de indemnización por despido a 20/22 para animar a contratación laboral, forman un todo que parece imposible harmonizar. Pero é ben sabido que o Rei Juan Carlos I ten propiciado ou permitido accións tan difíciles coma esta, e a súa “baraka” –axudada polos millóns de anceios que nos animan- deparounos situacións que antes parecían imposibles.

Debemos confiar que, deste xeito ou de calquera outro, consigamos unir esforzos, harmonizar criterios, e saír deste impasse no que nos atopamos. E que as mobilizacións que os sindicatos preparan, especialmente para o próximo 23 F non sexan máis ca unha toma de conciencia por parte dos traballadores, catarse, que non separe senón que una, de xeito que se consiga forza para loitar contra o enemigo común que non é o traballador, o empresario ou político. Todos loitamos contra unha pantasma –o paro- do que ninguén ten a culpa, pero todos podemos contribuir á súa derrota.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES