'Panem et circenses'
Cardalda, Theo - miércoles, 10 de febrero de 2010
Desde o Preguntoiro: Panem et circenses
Esta locución latina que literalmente quere dicir pan e xogos de circo (Pan e Circo), frase pexorativa de uso actual. Na súa orixe describía a costume dos emperadores romanos de regalar trigo e entradas para os xogos circenses, como forma de manter ao pobo distraído da política.
Dígoo pola nova que lin nos xornais que, a Federación Española de Fútbol propuxo a Liga de fútbol profesional a posibilidade de xogar luns (1ª División) e venres (2ª División); isto quere dicir que case teremos tódolos días da semana fútbol nas Televisións, contando cos programas lixo que tanto abondan xa temos montado ao completo o pan é o circo.
Coido que tamén esta decisión vai moito máis alá do deportivo, estou a pensar no económico, nos beneficios empresariais das cadeas de T.V. ¿Qué canles terán acceso aos partidos?. Iso xa o saberemos quen estará detrás de quen vai xestionar os dereitos de transmisión. ¿Escoitaremos un pelotazo a curto prazo?. Tempo ao tempo.
Para completar este Panem et circenses, non estaría mal o organizar no Santiago Bernabeu uns xogos florais verticales, concertos de música por rexións con entrada de balde e un pase de circo cada mes. ¿Será desta maneira como van a contentar a 4 millóns de parados?.
Toda esta parafernalia é máis vella que andar de pé. O emperador Nerón usou esta estratexia e foi moito máis aló, tivo o seu 11 S sen Torres Xemelas, moito peor que iso, plantoulle lume a Roma e votoulle a culpa aos cristiáns. Despois de 2000 anos algúns dos nosos representantes democráticos bailan ao son que toca o emperador do século XXI, usando na práctica con bos resultados esta despectiva frase latina e as tragadeiras que nos meten de moitas Romas abondosas de lume.
A moitos dos que representan a polis neste país lles comento un refrán galego moi antigo: véndanme os bois e véndanme as vacas e non me vendan o pote das papas.
Ímola andando que a festa vai boa.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora