Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O difícil equilibrio

viernes, 12 de febrero de 2010
O que bebe ten maiores dificultades ca o abstemio á hora de conducir ou conducirse. E esto podería ser a primeira cuestión para abordar o equilibrio no tema das bebidas. Pero a dificultade do equilibrio está agora entre a Administración e os industriais do gremio da hostelería na intención do sector oficial de regular a inxesta de bebidas por parte da mocidade.

Idea manifestada polas administracións é a de regulamentar determinadas ofertas dos establecementos de bebidas, tendo no punto de miras ofertas como a de “2 X 1” e “barra libre” ou “hora feliz”, que pouca explicación requiren á hora de coñecer en que consisten.

Entenden os hosteleiros que a súa actividade é perfectamente legal, e que dentro desta actividade as ofertas especiais que poidan efectuar son tamén do máis normal. Pola súa parte os responsables deste parcela na administración entenden que teñen que regular de xeito estricto unha actividade na que o consumo desmedido ten posteriores consecuencias para a saúde propia ou dos demais.

Aí esta o difícil equilibrio, en conseguir harmonizar as dúas posturas de xeito que non se vexan perxudicados os lexítimos intereses comerciais, pero tampouco os máis altos intereses da defensa da persoa aínda non contando coa súa colaboración. Neste problema asoma como punta de iceberg o fenómeno do botellón, no que tamén teñen directa intervención outras administracións, especialmente a local, co que o debate global se parcela e se transforma en tantos debates municipais como concellos hai en Galicia.

Ó final, hase impoñer o diálogo, a concordia. Porque cómpre chegar a unha solución negociada na que colaboren todos os elementos que participan ou teñen relación co problema. Todo antes que a pura decisión autoritaria, que daría lugar á picaresca que sempre floreceu e florece de xeito extraordinario diante de calquera Lei Seca.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania