Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lixo na banca

jueves, 11 de febrero de 2010
Chámanlles productos “basura”, lixo, e a banca encargase de difundilos, tendo aparecido exemplos varios de afectados que se atopan coa sorpresa de estar endebedados en cantidades respectables coas que non contaban.

Se un particular ou empresario subscribe un crédito, o producto leva aparellados determinados elementos que non ten máis remedio que aceptar, cos que a entidade redondea os seus beneficios. Pode ser un seguro de vida para responder no caso de morte do afectado, ou calquera outra invención que os bancos saben non hai máis remedio que aceptar se se quere levar adiante a operación.

A moda, non hai moito tempo, era suscribir o que agora técnicamente se coñece como “swap”, que era presentado como un seguro mediante o que o prestatario tiña a garantía de que se lle respectaba o interese acordado no momento da suscrición do credito. Non se presentaba como unha suxerencia senón unha práctica obriga que só beneficios podía reportar para o cliente.

Posiblemente así fose se os intereses subiran a níveis coñecidos hai un par de décadas, que era normal que as entidades percibiran o quince, o dezaoito e ata o vinte por cento. Pero moi posiblemente os técnicos na materia sabían que os intereses ían baixar co que garantían para a entidade un respaldo parello á baixada dos xuros.

E aí está o resultado: que titulares de cretos se atopan con que adebedan cantidades importantes, que están respaldadas polas súas sinaturas e deberán aboar ós seus vencementos se queren ter a festa en paz.

As entidades bancarias deben ser serias e claras cos seus clientes, sabendo que xogan con facendas persoais, con vidas de persoas que non coñecen os recovecos bancarios e que cando ofrecen un producto dubidoso deben expoñer pros e contras para evitar que o resultado se pareza demasiado a unha estafa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES