Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Palabra de político

miércoles, 10 de febrero de 2010
Ós profesionais da radio doutrora, o primeiro que se lles inculcaba era ao respecto polo micrófono, “detrás” do que estaban miles de oíntes que recibían calquera expresión pronunciada.

O mesmo debera acontecer cos políticos, que esquecen a sensibilidade absoluta dos micrófonos actuais, e que na dúbida hai que supoñer sempre que están funcionando.

Non é o caso de Esperanza Aguirre o único pero si o máis recente de expresións impropias diante dun micrófono que se supón pechado. E moitos houbo antes e haberá despois, que ninguén escarmenta en cabeza allea.

Pero se os micrófonos aparentemente inertes non frenan ós políticos, os manexados por profesionais para difundir opinións apaixónanos. E prodúcense declaracións como as do Conselleiro de Cultura que considerou que a nosa cultura sofre de complexos e ensimismamento.

Posiblemente cando o expresou tería as súas razóns, peculiar punto de vista ou se refería a casos moi específicos, pero atopou de fronte cun muro de opinións en contrario que pediron a súa dimisión por estimar que un responsable de cultura do goberno autónomo non pode ter unha visión tan curta e derrotista dunha cultura milenaria cunha vitalidade que el é o primeiro chamado a coñecer e potenciar.

Por agora o sangue non chegou a ningún dos nosos ríos, non hai noticia de que o Conselleiro vaia dimitir nin as peticións de dimisión pasaron deso. Pero é un toque de atención en relación coas palabras que a cotío se pronuncian, e que cómpre medir axeitadamente, e expresalas logo coa maior claridade para que ninguén se chame a engano.

As palabras dos políticos non son para escoitar comos e chovese, senón para seguilas con atención para entender o rumbo dos acontecementos. Por eso teñen que ser especialmente medidas, sensatas e conscientes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania