Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non dormir pola crise

martes, 09 de febrero de 2010
Os políticos non saen moi ben valorados no último inquérito do Cis, e a conclusión dos últimos estudos é que están considerados polos españois como o seu primeiro problema, mesmo por diante do terrorismo e do paro. Case todos suspenden nos xuizos dos enquisados, e moi poucos consideran que vai ser polas decisións e traballos dos membros da clase política como imos poder sair desta crise tremenda, económica e social; especialmente de confianza.

E sen embargo, hai que considerar que cada un ou cada unha, no seu posto de traballo responsable, fará todo o que na súa man estea para dar solución a pequenos anacos do gran problema, se ben como ó principio quixeron convencernos de que o problema nos viña por Europa, sendo nós meros axentes pasivos e soportadores, agora parece como se tamén agardásemos que a solución veña de Europa ou do ceo.

Foi a galega Elena Salgado, vicepresidenta económica, a que confesou que os membros do goberno viven para combatir a crise, que todo o seu traballo está orientado a este obxectivo, e que mesmo de noite non durmen por culpa da actual situación. E crémosllo. Pero a falta de resultados tanxibles, agora que o resto dos paises deste occidente van saíndo da crise, pon de manifesto ou que non saben ou que non poden, aínda que queiran.

Non nos queixamos das palabras, das intencións; queixámonos dos resultados. E preocúpanos a todos que o Goberno se empeñe en apuntar solucións que logo resultan ser globos-sonda, que non se deixen de entonar cantos ó sol coidando que dese xeito -desde Usa ou desde Europa- imos quedar tranquilos e contentos.

Posiblemente debera conmovernos o insomnio dos nosos políticos. E non. Postos a conmovernos resultarían moito máis eficaces algún que outro resultado positivo, un “mea culpa” de cando en cando, exemplos claros de traballo e aforro e -moi en último caso- as oracións pedindo axuda á Divina providencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES