Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O nudo das caixas

lunes, 08 de febrero de 2010
O das caixas en Galicia, que se pretende xuntar, forma un nudo gordiano que agarda mañosas mans que o vaian desenvolvendo, mentras o alcalde vigués estaría decidido a cortalo se dispuxese da arma precisa.

Mañá é o día previsto por Caballero para que Vigo se manifeste en contra dunha unión que os entendidos ven como beneficiosa para as entidades e para Galicia, sobre todo se outras opcións que se manexan serían a unión dunha ou as dúas caixas con outra de fóra deste país co perigo de que os órganos de decisión quedaran fóra da nosa área económica e social.

Caja Madrid, agora patroneada polo case galego Rodrigo Rato, é un exemplo da incidencia do poder político nestes importantes entes económicos, pero coa tendencia actual a que os políticos saídos das urnas e bendecidos coa asunción do poder accedan ó control de moi diversos ámbitos, o control económico destas entidades parece normal que recaia parcialmente nos gobernantes de turno. Que tamén os concellos -daí o papel do alcalde vigués- teñen tamén arte e parte no funcionamento das caixas.

Un tema que debera levarse co natural sixilo está na boca de todos, e todos se permiten opinar, precisamente nun tempo en que o papel de bancos e caixas está en cuestión por non ser capaces de estar á altura das circunstancias nun tempo de crise severa.

Entre todos, fomos anudando o tema das caixas e apretando ese nudo de xeito que cada día parece máis difícil desatalo a gusto de todos. Coa tentación duns e doutros de solucionalo pola brava. Do xeito, precisamente, que non contentaría a ninguén, e que nada solucionaría.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania