Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tony Vázquez

lunes, 08 de febrero de 2010
Hai uns días recibín unha invitación para asistir á homenaxe que un colectivo de amigos ourensáns lle tributou a un emigrante nacido en Cortegada e que hoxe pasa por ser un dos referentes do empresariado ourensán en Newark.

Logo, imponderables que non teñen negativa impedíronme enfiar unha cadea protocolaria que xa tiña programa, como era a de asistir á inauguración da exposición que recolle os 90 xeitosos anos da Coral de Ruada, para, de seguido, incorporarme á homenaxe xa referida.

A non asistencia non me resta, sen embargo, dereito algún para que fale, non tanto da homenaxe como das súas posibles consecuencias.

Coñecín fuxidiamente a Tony Vázquez, hai uns anos cando tiven oportunidade de viaxar a Newark e visitar o Centro Orensano que vive alí (e digo vive, porque está cheo de vida).

Algunha vez teño coincidido con el en Celanova, pero sen manter ningunha conversa que nos aproximara máis alá das meras referencias. É dicir, non teño tido relación con el, aínda que si temos abondosos amigos comúns que me teñen falado moito e ben da súa traxectoria empresarial naquel acelerado mundo “gringo”.

Hai algúns meses souben pola prensa da súa labor filantrópica no ámbito da promoción de baloncestistas de elite, apoiando o traballo que neste eido ven realizando a Asociación “Idea”, que foi, precisamente, a que organizou a homenaxe devandita.

Unha homenaxe na que o propio Tony Vázquez e José Luis Baltar falaron, seica, da posibilidade de irmandar o concello de Newark (onde por certo traballan un bo feixe de ourensáns) coa provincia de Ourense.

Estou seguro de que o proxecto ten sentido, porque alí vive unha abondosa colonia ourensá que incluso se deixa ver polas rúas con coches coa matrícula “OU”.

E para que a celebración sexa completa, eu –que sei que a idea camiña xa polos miolos dalgúns- propoño dende aquí que quen amenice o evento sexa, ¡como non!, a banda municipal celanovesa.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES