Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O idioma non é demócrata

lunes, 08 de febrero de 2010
A lingua é un ben social que vén de exercer como tal dende os alboreceres do século IX; quere isto dicir que, dende aqueles homes que vivían naquela provincia romana da Gallaecia e que xa manifestaban unha restra de diferenciacións na fala, cando se rompeu a súa conexión coa metrópoli, Roma, rompe tamén o seu cordón umbilical, e os falantes deron renda solta ás súas diferenzas e fixéronas identidade, iso foi o que pasou cando o latín foi evolucionando de vagariño cara ao galego, ao castelán, ou ao catalán. Sabido isto por todos, como se pode considerar unha lingua máis importante ca outra, se naceron no mesmo berce? Como se pode considerar unha lingua máis importante ca outra se cada unha ten uns sinais, ou trazos distintos froito dos pobos antigos que nos dominaron? Como se pode considerar unha lingua máis importante ca outra, se cada unha ten a súa beleza que lla imprimiron os séculos da fala? Como se pode considerar una lingua máis importante ca outra se as tres teñen osmesmos anos de idade?...
Xa sei, vostedes dirán, “si, si, mais o castelán fálano máis de trescentos millóns”; evidentemente, o castelán fálao esa xente e prevese que medre o número de falantes, froito dunha serie de casualidades históricas entre a que está a conquista de América, mais ninguén sabe o que vai pasar cos idiomas. O feito de dicir que o galego se acaba en Pedrafita non ten rigor nin base científica ningunha, pois tamén podemos dicir que o castelán se acaba nos Pirineos ou incluso en Ourense. Temos que ser máis responsables e non ir en busca do que nos interesa a nós como singularidade, senón o que lle interesa á pluralidade nun contexto xeográfico, histórico e social.
A lingua é de todos, e non hai linguas mellores nin peores aínda que as falen un maior número de persoas, por que o que hoxe é empregado por moitos millóns de falantes, no futuro pode desaparecer, véxase o que lle aconteceu ao latín, o idoma máis falado do mundo coñecido daquela, e que para entón era coma hoxe o inglés e, porén, morreu para que viviran unha serie de -naquel tempo- dialectos coma o castelán ou o galego. Non cren vostedes que ao inglés ou ao castelán lles pode pasar o mesmo nun futuro remoto? Pois, ao ser falado por tantos millóns de persoas, as diferenzas entre todos nós son cada vez maiores froito deses falantes anteriores que conforman o substrato, mais ningún dos dialectos resultantes serían por iso menos importantes cás linguas orixinarias.
Debemos, xa que logo, conservar o noso idioma, que é de todos e non é lóxico que un idioma entre no número de votos das persoas que viven hoxe, non, para cambiar ou poñer un decreto lingüístico necesítanse os votos de todas as persoas que o falaron dende o século IX até o século XXI, que son as posuidoras dese don, que son as persoas que o conformaron e o falaron, que son as que nolo deixaron, e nós temos a obriga de entregárllelo aos nosos descendentes sen un chisco de podredume e sen as couzas que queren destruílo para que non haxa posibilidade de desaparición. O idoma non é demócrata, mais é un dos alicerces para a consideración dunha autonomía ou dun país.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES