Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilación aos 67 anos

viernes, 05 de febrero de 2010
DESDE O PREGUNTOIRO: XUBILACIÓN AOS 67 ANOS

Hai preto de un ano que José Saramago dicía unhas palabras moi fortes á esquerda, o comentario é o seguinte: “...la izquierda no tiene ni puta idea del mundo en que vive...”. Foi unhas palabras moi fortes e duras e coido que deliberadamente provocadoras. Esa esquerda respondeu co máis absoluto silencio.
Isto ven a conto polo texto da reforma do Goberno P.S.E. (prescindo da O de obreiro por deformación da miña próstata mental) de aumentar a idade de xubilación ata os 67 anos.

Despois de que gobernos de todo o mundo, incluído o español aportaron billóns de euros para proporcionar liquidez aos bancos (socialización das perdas), estes non axudaron nin a familias nin ás pymes. Este diñeiro estatal debería destinarse directamente a axudar as familias, ás empresas que realmente o necesitaban e a Seguridade Social para evitar o que hoxe é unha realidade, a parálises total da actividade económica real.

O país con millóns de parados e o remedio e as receitas para parar a crises é máis do mesmo e o goberno nos quere vender a moto.¡A quen queren enganar! ¿Qué pasa coas SICAV?. Este goberno nin man lles mete nin nada fai para poñer remedio. As SICAV son sociedades de inversión de capital que pagan o un por cento e no argot financeiro lle chaman “Los Mariachis”, ou sexa un só “codicioso” e 99 mariachis (testaferros). Na práctica, utilízanse para a xestión individual de carteiras de grande patrimonios. Ao día de hoxe hai preto de 3.369 SICAV baixo xestión de máis de 27.000 millóns de euros (case 4.5 billóns de pesetas).

Coido que a Seguridade Social non tiña por que ter nin superávit nin déficit, igualiño que outros estamentos como o exército etc., tería que subvencionarse cos presupostos xerais do estado, por iso ten a connotación de SOCIAL, e se no hai diñeiro que llo pidan a quen o ten, porque diñeiro e riqueza temos neste país (mal repartida) exemplo das SICAV, empresas en paraísos fiscais, etc...

Observen unha xubilación dun alto directivo: A pensión vitalicia de 3 millóns de euros do BBVA ao seu número dous José Ignacio Goirigolzarri é como unha moca a tódolos pensionistas deste inxusto país. O BBVA anunciou a saída de “mutuo acuerdo” deste “jubileta anticipado”. Para afrontar esta suma de tres millóns anuais que cobrará, o banco o aprovisionou en 54,49 millóns de euros. Seguro que se vai apuntar ao INSERSO en Benidor para un cura de almorrás.

Ao final de toda esta historia quen vai pagar os pratos rotos son os mesmos de sempre, os “currantes”. Isto ten responsables, non son máis que os gobernos de quenda durante dúas décadas o deixar o raposo dentro do galiñeiro. Agora nin temos galiñas nin galiñeiro e o futuro que nos agarda vai ser moi parecido ao século XIX pero con ordenadores e misiles intelixentes. ¿Non queríamos Globalización?. Pois en vez dunha cunca dúas.

Algún día nos explicaran estes líderes políticos o desta desfeita e corrupción por parte destes sinvergonzas. Aínda que para “codicia" a de determinados políticos que acumulan unha morea de substanciosos soldos e corruptelas, e o que moito peor, a costa do diñeiro público. Non podemos esquecer a os deputados con dúas lexislaturas que collen o retiro ao cen por cen e coas pensións máis altas. Non teñen ningunha vergonza e teñen máis cara que un zapato vello.

Parece que todo está xustificado por esta crise económica, o que temos nestes intres é unha crise moral e política dos que algunha vez tiveron o poder para facer un futuro de ilusión e igualdade. Pasoulle a Felipe González e agora a Zapatero que volveuse “neocon”. Que me devolvan o voto que dúas veces lles prestei, por aquilo do voto útil.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES