Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De que idioma falamos?

Editorial - viernes, 05 de febrero de 2010
Agal (Asociación Galega da Lingua), que se denomina “Associaçom Galega da Língua”, ven de publicar unha nota na que “parabeniza” ó novo Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, parabén ó que nos unimos por estimar que o papel do gran creador galego á fronte desta institución ten que ser por forza brillante e redundar en beneficio do país.

Pero neste comunicado indícase que Ferrín, se consegue o Premio Nobel de Literatura para o que está proposto, sería o segundo escritor na nosa lingua en conseguilo. E como non dabamos localizado cal dos nosos escritores galegos tiña xa obtido este definitivo premio, obtemos a aclaración de que o primeiro que o conseguíu foi José Saramago, lóxicamente en portugués.

Agal unifica portugués e galego, como se do mesmo idioma se tratase, cando a realidade, a historia e o sentido común nos din que poden a mesma raiz pero son idiomas diferentes. Igual afrenta sería para o idioma galego xuntalo co castelán porque teñan lonxana raiz común. No occidente da península Ibérica resulta que existen tres idiomas: o portugués, nas terras lusitanas e o galego e o castelán que conviven en Galicia, sexa cal fose a relación entrambos ou a proporción dos seus falantes.

Ogalla sexa Ferrín o primeiro premio Nobel do idioma galego. Sería un espaldarazo definitivo á colocación de Galicia e o seu idioma no mapa mundial das comunidades. Pero mesturar Ferrín con Saramago, e o portugués co galego non pode ser bo para o idioma. E sen embargo sonoras voces defenden o galego fronte ó castelán, como é a súa obriga e dereito, pero ninguén se pronuncia en relación coa confusión que se sementa entre galego e portugués. E eso non é bo para o idioma.

O galego é importante abondo como para ter vida propia, sen ter que arrimarse a outro, ou xa non digamos confundirse con el.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES