Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

67 anos

jueves, 04 de febrero de 2010
De repente, unha tarde, o Goberno destapa o frasco das esencias laborais e proclama a súa intención de retrasar a idade da xubilación desde os 65 ós 67 anos se ben fixando un prazo longo abondo para que o resultado non inflúa nas próximas loitas electorais.

O resultado desta filtración interesada é de rexeitamento absoluto por parte dos sindicatos así como dos que calculan van sair perxudicados.

A coxuntura económica que vivimos é necesario preludio de reaxuste en cuestións tan importantes como as pensións, pero todas as solución xenéricas producen -se se confirma legalmente esta medida- danos colaterais de importancia.

Non é un mesmo un obreiro da construcción, un controlador aéreo, un funcionario administrativo ou un membro da policía ou da garda civil. Lexislar para todos ten que contemplar excepcións ou matices que haberá que ter en conta para cometer inxusticias.

Porque se nos atemos unicamente ó estado físico ou anímico xeral das persoas de sesenta e sete anos, naturalmente que é posible tomar esa medida que se antes a terceira idade -a vellez- comezaba ós sesenta anos, na actualidade non hai ousado que se atreva a marcala para non esaxerar, pero os setenta de agora son cualitativamente menos anos que os sesenta de fai unhas décadas.

Claro que logo está a antigüidade na cotización, xa que se pode dar o caso de xubilar con quince anos de cotización a calquera traballador en tanto se retrasa a xubilación do que leve máis de corenta anos cotizando por unha pura barreira de idade.

O tema é ben difícil, e moito vai dar que falar antes de empece a entrar en vigor o que finalmente se lexisle. Hai millóns de afectados, e está en xogo o mantemento do réxime actual de pensións, un dos logros máis destacados deste estado de dereito, aínda que non debemos esquecer que o sistema ten a súa orixe nos anos máis duros do franquismo.

A actual calidade de vida permite elevar a barreira da idade da xubilación. Sempre que non resulte ser un castigo, baseado na crise, sobre a parte máis sensible e inocente da problemática que nos envolve.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania