Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estamos saíndo da crise?

miércoles, 03 de febrero de 2010
Xa nos gustaría que fose así. Xa nos gustaría poder afirmar que o problema está comezando a solucionarse, que asoman brotes verdes ou que se albisca o final do negro tunel no que entrou a nosa economía e todos nós.

Pero polo de agora non hai novas ó respecto. Alomenos non hai novas certas de que a situación vaia mellorando neste comezo do segundo mes dun ano que os augures pintaron como “horríbilis”, e que aínda agora mantén dividida a opinión pública pola súa incertidume.

As cifras camiñan lentas. E o que agora está pasando non aparecerá reflectido nas estatísticas ata alomenos dentro dun mes. E farán falla varios meses para ter unha perspectiva aceptable do camiño da crise. Hai que agardar.

En tanto, o Ministro de traballo e nmigración considera razoable que esta crise que leva dous anos e medio cabalgando por España tarde aínda en superarse. O Presidente Zapatero pide confianza no Goberno, que estará facendo todo o que é posible e necesario. E a Vicepresidenta Salgado coida poder mellorar as consideracións do Fondo Monetario Internacional e deixa caer que poderíamos estar xa saíndo da recesión.

Aínda non coincidentes nas súas estimacións os tres gobernantes, son as referencias oficiais que temos, co que tampouco percibimos nada claro, e xa nos gustaría que fóra verdade o que indica a Vicepresidenta, que bastante temos soportado xa esta crise do comezo de século como para por riba estar conformes con ela e soportala sen esperanza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES